Palabras xaponesas de orixe portuguesa
A existencia de numerosas palabras xaponesas de orixe portuguesa resulta da chegada ao Xapón dos portugueses en 1542-1543, sendo os primeiros europeos en aportar e establecer un fluxo comercial continuo e directo entre o Xapón e Europa.
Contexto editar
Durante os séculos XVI e XVII, no chamado período Nanban, xesuítas portugueses, así como galegos (naquela época, o idioma galego e o portugués arcaico eran practicamente idénticos)[1][2] e de varios reinos da Coroa de Castela, tiveron presenza no arquipélago xaponés até a persecución relixiosa a comezos do período Edo (Shogunato Tokugawa), que culminou coa expulsión en 1639, cando o cristianismo pasou á clandestinidade.[3]
Os portugueses foron os primeiros en traducir xaponés a unha lingua occidental, no dicionario Nippo jisho 日葡辞書 ou Vocabvlário da Lingoa de Iapam, compilado por misioneiros xesuítas como João Rodrigues e publicado en Nagasaki en 1603.[4][5] Este dicionario xaponés - portugués explicaba 32.000 palabras xaponesas traducidas ao portugués.[4]
Polo tanto, era inevitábel que algunhas palabras de lingua xaponesa se tivesen orixinado no portugués. A maioría destas palabras reférense a produtos e costumes que chegaran por primeira vez ao Xapón a través dos comerciantes portugueses. O número de palabras portuguesas no xaponés é, segundo Fernando Venâncio Peixoto da Fonseca máis de catrocentas; en Tai Whan Kim, no seu traballo O portugués elemento en Xaponés: unha crítica curvey con glosario, as palabras de orixe portugués que atopamos son centos. A lingua portuguesa era aprendida nos templos budistas xaponeses, segundo João Barros, no século XVI e XVII. No auxe da influencia portuguesa no Xapón, preto de 4000 palabras de orixe portuguesa foron utilizadas.[6] Non hai rexistro de palabras da lingua portuguesa que chegaron ao xaponés debido á inmigración xaponesa a Brasil, porén, o xaponés que se fala no Brasil incorpora, como era de esperar, varias palabras do portugués falado no Brasil.
Algúns equívocos editar
Arigatô editar
En contra da crenza popular, "arigato" (有難う) non se orixina da expresión portuguesa obrigado.[7] De feito, "arigato" é a forma moderna do xaponés arcaico "arigatashi" que consiste na aglutinación de "Ari" do verbo "Aru" (ser, ser, existir) e "Katashi" un adxectivo que significa dificultade. A expresión orixínase da forma en que os budistas eloxiaban dúas divindades e daban grazas polas ensinanzas budistas. Literalmente, a expresión significa "Hai dificultade", algo así como "Teño dificultade para expresar o meu agradecemento ante o teu acto".[8][9]
Tempura editar
O nome das empanadas de legumes e verduras fritidas é certamente de orixe portuguesa, pero probabelmente non se orixina da palabra "tempero" [10] como se di popularmente.
No século XVI, os católicos abstíñanse de comer carne nos días de "Témporas", os tres días de xaxún semanal, en cada unha das catro estacións.[10][11] Os portugueses no Xapón comían nestes días só verduras e peixe, que adoitaban ser empanados e fritidos, para asombro dos xaponeses que os consumían crus ou cocidos. Os xaponeses cristianizados polos xesuítas tamén comezaron a consumiren frituras durante as Têmporas, polo que a palabra, que derivou en "Tempura" pasou a asociarse no Xapón aos empanados vexetais.
Ne editar
Esta palabra é utilizada para destacar o que acaba de ser dito. En portugués, o "né" tamén ten a mesma función, sendo unha contracción da frase "Não é?". Con todo, é moi probábel que se trate dunha mera coincidencia.
Escolma de palabras xaponesas de orixe portuguesa editar
- Por asimilación coa fonética xaponesa, o /l/ e o /r/ chegan a confundirse.[12]
- A estrutura silábica xaponesa (xeralmente consoante + vogal) tende a se transferir na pronuncia doutras linguas, e unha sílaba con dúas consoantes pasa a dúas sílabas engadindo a vogal débil -u-.[13] É por iso que carta pasa a ca-ru-ta (かるた Karuta).
Pronuncia en xaponés | Portugués moderno | Escrita en xaponês | Portugués arcaico, galego-portugués ou morfoloxía | Observacións |
---|---|---|---|---|
arukōru | álcool | アルコール | álcools, alcool | |
bateren | padre | 伴天連・破天連 | padre | |
bīdama | berlinde, bola-de-gude | ビー玉 | vi(dro) + 玉 (dama = "bola") | |
biidoro | vidro | ビードロ | vidro | |
birōdo | veludo | ビロード ou 天鵞絨 | veludo | |
bouro/bouru | bolo, bola | ボーロ・ボール | bolo | |
botan | botão | ボタン・釦・鈕 | botão, botom | |
buranko | balanço, baloiço | ブランコ | balanço | |
charumera/charumeru | charamela | チャルメラ・哨吶 | charamela | Antigo instrumento musical de sopro |
chokki | jaqueta, colete | チョッキ | jaque | |
furasuko | frasco | フラスコ | frasco | |
gurando | グランド | grande | ||
iesu | Jesus | イエス | Jesu, Jesús | Tamén pode significar "si", do inglés yes |
igirisu | inglês | イギリス・英吉利 | inglez | Igirisu hoxe significa o Reino Unido (Inglaterra é イングランド, ingirisu) |
iruman | irmão | イルマン・入満・伊留満・由婁漫 | irmão, irmam | Termo utilizado ao comezo da cristianización do Xapón para identificar ao misioneiro antes de facerse sacerdote |
jouro | jarro | じょうろ・如雨露 | jarro | |
juban/jiban | camiseta, camisete | じゅばん・襦袢 | gibão, gibom | |
kanakin/kanekin | canequim | 金巾 ・ ▽かなきん ・ ▽かねきん | canequim | Non usado no portugués actual |
kantera/kandeya | candeia | カンテラ・カンデヤ | candeia, candela | No portugués actual preférese a palabra vela, en galego candea |
kapitan | capitão | 甲比丹・甲必丹 | capitão, capitam | |
kappa | capa impermeável | 合羽 | capa, cuberta | |
karuta | cartas de jogar | かるた・歌留多・加留多・骨牌 | carta, cartas | |
kasutera, kasuteera, kasuteira | pão-de-ló | カステラ | castela, castella | Tipo de bolo con masa de biscoito |
katarogu | catálogo | カタログ | catálogo | |
kirishitan | cristão | キリシタン・切支丹・吉利支丹 | christão, cristiam | |
kirisuto | Cristo | キリスト ou 基督 | Christo | |
kompeitō | confete | 金米糖・金平糖・金餅糖 | confeito | En xaponés é un tipo especial de doce ou lambetada |
koppu | copo | コップ | copo | |
kurusu | cruz | クルス | cruz | |
marumero | marmelo | 木瓜 ou マルメロ | marmelo | |
meriyasu | meias | メリヤス・莫大小・目利安 | meias | |
miira | mirra | ミイラ・木乃伊 | mirra | |
ombu | ombro | おんぶ | ombro | Carregar unha persoa (principalmente bebé) aos ombros e ás costas |
oranda | Holanda (Atualmente Países Baixos) | オランダ・和蘭(陀)・阿蘭陀 | Hollanda | Países Baixos / Holanda |
pan | pão | パン・麺麭・麪包 | pão, pam, pan | |
pandoro | pão-de-ló | パンドロ | Pão-de-ló, pan-do-ló | |
rasha | sarja | 羅紗 | raxa | |
rozario | Rosário | ロザリオ | rosario | |
sabato | sábado | サバト | sábado | |
sarasa | morim | 更紗 | saraça | Tecido de algodón fino |
shabon | sabão | シャボン | sabão, xabom | |
shabondama | bola de sabão | シャボン玉 | sabão, xabom + 玉 (dama = bola) | |
shōro | choro | ショーロ | choro | |
shurasuko | churrasco | シュラスコ | churrasco | |
subeta | espada | すべた ・ スベタ | espada | Actualmente é utilizado para designar mulleres feas en xaponés |
tabako | tabaco | 煙草・莨 | tabaco | En xaponés, a palabra é usada para describir a planta do tabaco e tamén o cigarro. |
tempura | Têmporas | 天麩羅・天婦羅 | Têmporas | As Témporas eran días de xaxún relixioso nos que os católicos portugueses non comían carne, e si verduras, legumes e peixe fritidos en pan relado (alimentos que normalmente se comían crus ou cociñados polos xaponeses) |
zabon | toranja | 朱欒・香欒 | zamboa | Froito da árbore Citrus adami |
Notas editar
- ↑ "Porque é que o Galego é tão idêntico ao Português?; Ncultura" (en portugués). 2015-12-30. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 2022-03-29.
- ↑ "Galego-portugués e castelán na Galiza do século XV" (PDF). Consellodacultura.gal; Francisco Xavier Varela Barreiro, Ricardo Pichel Goterrez.
- ↑ Romo, Eduardo Javier Alonso (2011). "Jesuitas luso-castellanos en Japón (1549-1640): algunos casos paradigmáticos". Japón y la Península Ibérica: Cinco siglos de encuentros, 2011, ISBN 9788493820442, págs. 73-92: 73–92. ISBN 978-84-938204-4-2.
- ↑ 4,0 4,1 Cooper, Michael (1976). "The Nippo Jisho". Monumenta Nipponica 31 (4): 417–430. ISSN 0027-0741. doi:10.2307/2384310.
- ↑ Cooper, Michael (1974). Rodrigues the Interpreter: An Early Jesuit in Japan and China (en inglés). Weatherhill. ISBN 978-0-8348-0094-6.
- ↑ "HISTÓRIA DA LÍNGUA PORTUGUESA NO JAPÃO E AS PROBLEMÁTICAS DO SEU ENSINO, por Sara Margarida Ruano Gil" (PDF). Consultado o 30-1-2022.
- ↑ Linguist List 12.1906 Thu Jul 26 2001 Sum: "Arigato" and "Tempura"
- ↑ "Provérbios e expressões | Arigatou (ありがとう)" (en portugués). 2011-09-12. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-03-29.
- ↑ OTSUKI, Hiroshi; GRINDSTAFF, Bradley. Cultural Keys: the history of japanese words and phrases. [S.l.]: Hokuseido Press, 1995.
- ↑ 10,0 10,1 Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa
- ↑ "Japanese Writers' House Newsletter". 2007-10-10. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2022. Retirado em 11-01-2008
- ↑ "RedEle; Rafael Fdez Mata" (PDF). educacionyfp.gob.es; RedEle.[Ligazón morta]
- ↑ "Japanese Syllables, Japanese Vowels and Japanese Alphabets". BondLingo Learn Japanese (en portugués). 2019-05-20. Consultado o 2022-03-30.