Painted Dreams foi un serial radiofónico estadounidense, que está recoñecido como a primeira soap opera realizada nos Estados Unidos [1].

Desenvolvemento editar

O serial creouno Irna Phillips para a emisora WGN, comezou a emitirse o 20 de outubro de 1930, tiña unha duración de 15 minutos e seguía a relación dunha nai viúva americano-irlandesa, Mother Moynihan, coa súa filla. Ademais de escribila, Phillips tamén actuaba na serie ata 1932, cando debido a negativa da emisora a vendelo a unha cadea nacional, como resultado Phillips deixou a serie e creou outra, Today's Children para a emisora WMAQ co mesmo argumento e personaxes. En 1938 WGN vendeu a serie á CBS.

Notas editar