Pagoa é unha marca de cervexa elaborada por Euskal Garagardoa (en galego Cervexa Vasca) en Oiartzun, Guipúscoa (Euskadi).

Historia editar

Euskal Garagardoa naceu en 1998 para ofrecer un produto que se caracterizara por estar feito integramente con ingredientes procedentes de distintos puntos de Euskadi e por ser elaborado de xeito natural, sen conservantes nin aditivos. A empresa tratou tamén de crear o concepto de microcervexarías e brewpubs doutros países de Europa e algunhas zonas dos Estados Unidos, creando cervexarías e pubs que producen e venden no mesmo local os seus produtos.

Tipos de cervexa editar

Existen tres tipos distintos de cervexa Pagoa:

  • Orhi: É unha cervexa pilsen suave con corpo, cun pequeno toque debido á adición do lúpulo. Ten un aroma doce a lúpulo e fino malte. A súa gradación alcohólica é de 4,9 graos.
  • Gorri: Esta cervexa é unha red ale cun tradicional sabor a lúpulo para compensar o carácter frutal do lévedo e o sabor a caramelo natural derivado dos maltes empregados. É unha cervexa suave e ten unha gradación alcohólica de 4,7 graos.
  • Zunbeltz: É unha cervexa stout. Ten un carácter aromático, tostado, limpo e seco cun sabor agre-doce. A súa gradación alcohólica é de 4,3 graos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar