Pagan
Vista da illa
Datos
Capital
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago illas Marianas
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 47,23 km²
Densidade
Coordenadas 18°06′N 145°46′L / 18.10, 145.76
Maior Altura 570 m.
Localización
Localización da illa

A illa Pagan pertence á cadea das illas Marianas do Norte, situada a aproximadamente 320 km ao norte de Saipan.

Características editar

Ten unha superficie de 47,23 km³, sendo a cuarta en tamaño das Illas Marianas do Norte. Está formada por dous estratovolcáns, de 570 e 548 m, unidos por unha franxa de terra.

Historia editar

Habitada desde tempos históricos, pertenceu a España (a través de Guam) e ao Imperio Alemán. Posteriormente ocupada polo Xapón, pasou á administración da Sociedade de Nacións. Logo da segunda guerra mundial foi ocupada por Estados Unidos, permanecendo como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, co status de Estado libre asociado. Politicamente pertence ao Municipio das illas Marianas do Norte.

No 1981 ocorreu unha erupción que obrigou aos seus habitantes a abandonar a illa, con todo no 2006 a Forza Aérea dos Estados Unidos recoñeceu fotográficamente a illa, atopando sinais de habitantes, gando e unha rudimentaria pista de aterraxe.

 
Pagan Norte, o máis activo dos dous estratovolcanes na illa de Pagan.