Pablo Hernández

futbolista español

Pablo Hernández Domínguez (Onda, Castelló, 11 de abril de 1985) é un futbolista internacional español. Xoga de extremo dereito e o seu actual equipo é o Leeds United FC da Premier League.

Pablo Hernández
Información persoal
Nome Pablo Hernández Domínguez
Nacemento 11 de abril de 1985 (38 anos)
Lugar de nacemento Castelló de la Plana
Altura 1,73 m.
Posición Mediapunta / Extremo
Información de club
Club actual Leeds United
Número 19
Carreira xuvenil
AVV Rafalafena
1997–2003 Castellón
2003–2004 Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2007 Valencia B 16 (4)
2004–2005Onda (cedido) 28 (5)
2006–2007 Valencia 1 (0)
2015–2016Cádiz (cedido) 22 (4)
2007–2008 Getafe 28 (3)
2008–2012 Valencia 111 (16)
2012–2014 Swansea City 57 (5)
2014–2017 Al-Arabi 13 (6)
2015Al-Nasr (cedido) 12 (3)
2015–2016Rayo Vallecano (cedido) 27 (3)
2016–2017Leeds United (cedido) 15 (3)
2017–Leeds United (cedido) 136 (31)
Selección nacional
2009–2010 España 4 (1)
Na rede
FIFA: 309867 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de xullo de 2020.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pablo Hernández é un futbolista formado no AVV Rafalafena e posteriormente nas categorías inferiores do Club Deportivo Castellón. Tras o seu paso polo equipo xuvenil do Valencia CF, foi cedido durante a tempada 2004-05 ao Club Deportivo Onda.

Posteriormente, xogou dúas tempadas no Valencia Mestalla, filial do Valencia CF, chegando a debutar co primeiro equipo na última xornada da tempada 2005-06 contra ó Osasuna. Durante a tempada 2006-07, converteuse no máximo goleador do seu equipo ata que no mercado de inverno asinou a súa cesión ao Cádiz CF.[1]

Xoga en calidade de traspasado no Getafe CF como pago pola fichaxe de Alexis Ruano polo equipo valencianista. O Valencia reservouse unha opción de recompra de 1 millón de euros durante o primeiro ano e de 2 millóns durante o segundo ano. En xaneiro de 2008 o club valenciano exerce a opción de compra e Pablo asina para os próximos 6 anos.[2] Incorporarase á disciplina valencianista no verán dese mesmo ano, tras finalizar a tempada co Getafe.[3]

Selección nacional editar

O 5 de xuño de 2009, foi convocado por primeira vez coa selección española para disputar a Copa Confederacións.[4] Deste xeito o 20 de xuño de 2009 debutou co equipo nacional no encontro que o enfrontou a Suráfrica ao substituír o seu compañeiro David Villa no minuto 60.[5]

Clubs editar

  • Actualizado a 2 de outubro de 2010.
Club País Período Liga
PX (G)
Copa
PX (G)
CD Onda España 2004-2005 ¿? ¿?
Valencia CF Mestalla España 2004-2007 16 4
Valencia CF España 2005-2006 1 0
Cádiz CF España 2006-2007 22 4
Getafe CF España 2007-2008 43 8
Valencia CF España 2008-2009 31 5
Valencia CF España 2009- 2010 44 8
Valencia CF España 2010- 2011 7 2

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar