Pablo Alborán

cantante español

Pablo Moreno de Alborán Ferrándiz,[1] nado en Málaga o 31 de maio de 1989, e popularmente coñecido como Pablo Alborán, é un cantante español.

Infotaula de personaPablo Alborán

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pablo Moreno de Alborán Ferrándiz Editar o valor em Wikidata
31 de maio de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , pianista , guitarrista , cantante , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPop latino, música pop e Flamenco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, piano e Barítono Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEMI Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpabloalboran.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4329154 Facebook: PabloAlboranOficial Twitter: pabloalboran Instagram: pabloalboran Youtube: UCf3L_9odIRo9G2L_-hsb7lg TikTok: pabloalboran Spotify: 5M9Bb4adKAgrOFOhc05Y50 iTunes: 376461725 Last fm: Pablo+Alborán Musicbrainz: c62936e1-7f2a-4c99-b09b-a5bc85d6c1f3 Songkick: 3677751 Discogs: 2479152 Allmusic: mn0002641990 Deezer: 712271 Genius: Pablo-alboran Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De pai malagueño —descendente de Francisco Moreno Fernández, primeiro Marqués de Alborán— e nai francesa, desde moi novo empezou a interesarse pola música e xa aos sete anos comezou a dar clases de piano no Ateneo de Málaga a cargo de Elena Otieva. Proseguiu os seus estudos de música con clases de guitarra clásica, guitarra flamenca e dous anos de guitarra acústica.[2] Os seus estudos seguiron completándose dando clases de canto con María Adela Merchán na súa cidade natal, e lírico con Alain Damas en Madrid.

A partir dos doce anos compón as súas primeiras cancións: 'Amor de Barrio' e 'Desencuentro', que se atopa no seu disco debut. A súa andaina artística empezouna da man dunha familia flamenca que actuaba nun restaurante de Málaga, quen lle bautizaron como "El blanco moreno". É aí onde actúa por primeira vez en solitario.

Finalmente e co paso dos anos, Pablo coñece ao produtor Manuel Illán. Gravou unha maqueta onde incluía unha versión do tema 'Deja de volverme loca' de Diana Navarro. Grazas a Illán esa versión chegou a oídos de Diana, quen mostrou un grande interese polo mozo e converteuse na súa madriña musical.

Pablo, entón, presentou un total de corenta cancións compostas por el para o proceso de selección do que sería o seu primeiro disco. Durante ese proceso Pablo colgou algunha das súas cancións en YouTube para darse a coñecer dunha forma próxima.[3] Deste xeito, foi escoitado por todo tipo de público, incluída a cantante Kelly Rowland quen quedou asombrada coa súa voz.[4][5] A partir de aí Pablo Alborán apareceu nas redes sociais e o boca á boca converteuse na súa mellor forma de promoción.

A mediados do mes de outubro de 2010 saíu á venda dixital o seu primeiro sinxelo, 'Solamente tú', co que empezou a soar nas radios nacionais. O 1 de febreiro de 2011 saíu á venda o seu primeiro disco, Pablo Alborán; desde a primeira semana lidera as listas de vendas en España,[6] converténdose ata en número un en iTunes.

Pablo Alborán comezou a súa primeira xira con banda ao completo o 27 de maio de 2011 en Madrid no Palacio de Vistalegre, e durante os meses seguintes percorreu a maior parte da xeografía española e varios países latinoamericanos, entre eles Arxentina, Chile e México.[7] En novembro dese mesmo ano publicou o seu segundo disco, En acústico, gravado en directo e en acústico coas cancións do seu primeiro álbum, incluíndo ademais dous novos temas e catro bonus track. 'Perdóname' foi o primeiro sinxelo deste traballo, que interpreta a dúo xunto á cantante portuguesa Carminho.[8]

O 9 de decembro de 2011 gañou o seu primeiro premio, o 40 Principales como Artista Revelación dese ano. O malagueño ademais colocou o seu álbum homónimo no número 3 dos máis vendidos en iTunes Store, e o seu sinxelo "Solamente tú" alcanzou o sétimo lugar en vendas no país.[9]

O 27 de decembro foi gañador da VII edición do Disco do Ano de TVE polo seu álbum de debut Pablo Alborán.[10] Na primeira semana de 2012, o seu álbum En acústico é disco de ouro en Portugal e alcanza o primeiro lugar do top de vendas nacional dese país.[11]

Discografía editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar