Paavo Nurmi, nado en Turku o 13 de xuño de 1897 e finado en Helsinqui o 2 de outubro de 1973, foi un atleta finés. Durante a década dos anos vinte, Nurmi foi considerado como o mellor fondista e mediofondista do mundo, establecendo marcas mundiais en distancias que ían entre os 1500 m e os 20 km.

Infotaula de personaPaavo Nurmi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Paavo Johannes Nurmi Editar o valor em Wikidata
13 de xuño de 1897 Editar o valor em Wikidata
Turku, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 1973 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTurku Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Finlandès volador Editar o valor em Wikidata
ResidenciaTurku Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Peso65 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista , maratoniano , atleta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua finesa, lingua sueca e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaMaratón Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1914-1934 Turun Urheiluliitto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1928Xogos Olímpicos de 1928
1924Xogos Olímpicos de 1924
1920Xogos Olímpicos de 1920 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0638196 IAAF: 14561891 Olympic.org: paavo-nurmi WikiTree: Nurmi-41 Find a Grave: 12301420 Editar o valor em Wikidata
Atletismo masculino
Ouro 1920 10.000m
Ouro 1920 8.000m cross country
Ouro 1920 8.000m cross country por equipos
Ouro 1924 1.500m
Ouro 1924 5.000m
Ouro 1924 5.000m cross country
Ouro 1924 5.000m cross country por equipos
Ouro 1924 3.000m por equipos
Ouro 1928 10.000m
Prata 1920 5.000m
Prata 1928 5.000m
Prata 1928 3.000m valos

Traxectoria editar

Nurmi obtivo un total de nove medallas de ouro en Xogos Olímpicos entre 1920 e 1928. En 1932 non puido competir, xa que recibía cartos por correr, polo que foi considerado como profesional. Nos XX.OO. de 1920, Nurmi obtivo tres preseas douradas: os 10.000 metros, o cross country e o cross country por equipos. Finalizou segundo na carreira polos 5.000.

En 1924 ganou 5 medallas de ouro, nos 1.500 metros, os 5.000 (con 26 minutos de diferenza entre ambas carreiras), os 3.000 metros por equipos, e novamente ambos cross country. Foi a derradeira vez que aqueles se disputaron, xa que a calor ocasionaba que a maior parte dos corredores abandonaran a carreira e incluso algúns deberon ser levados ó hospital.

Os derradeiros xogos de Nurmi foron os de 1928, onde obtivo ouro nos 10.000 metros e prata nos 5.000 e nos 3.000 metros valos. Continuou correndo despois dos xogos de Ámsterdam, pero foille impedido participar nos Ánxeles 1932 por ter recibido cartos por correr. Considerado un heroe nacional polos seus compatriotas, Nurmi foi o encargado de acender a chama olímpica nos xogos de Helsinqui '52. Despois do seu retiro do atletismo, abriu unha tenda na capital finesa. Finou en 1973 e se lle deu un funeral de estado. Cun total de 9 medallas de ouro e 3 de prata, Nurmi é o atleta olímpico máis exitoso até hoxe.