Paama (lingua paama:Voum[1]) é unha pequena illa na provincia de Malampa, Vanuatu. A illa ten uns 8 km de norte a sur e só 5 km máis ou menos no seu punto máis ancho. A illa está dominada por outeiros, chegando a unha altura duns 550 m no norte.

Paama
Voum
Localización
Paama, mapa
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaMalampa
ArquipélagoNovas Hébridas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°28′S 168°13′L / -16.467, -168.217
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie32´3 km²
Longura máxima9´1 km.
Largura máxima3´6 km.
Punto máis alto187 m.
Demografía
CapitalLiro
Poboación1.627 hab. (2009)
Densidade50´37 hab/km² hab./km²

Características editar

Paama atópase a pouca distancia ao sur de Ambrym, un pouco máis ao leste de Malakula, a uns 7 km ao oeste do gran volcán activo Lopevi (Ulvae, na lingua vernácula (ver Crowley 1982), e a unha curta distancia ao norte da illa de Epi. Durante o día, todas as illas veciñas de Paama son claramente visibles desde varios lugares da illa. De feito, nunha noite clara o resplandor vermello dos volcáns xemelgos de Ambrym pódese ver claramente na praia de area negra en Liro. A illa agora deshabitada de Lopevi domina a vista ao leste da aldea de Lulep, na costa nordés da illa. Este volcán activo é bastante regular, entra en erupción aproximadamente cada dous anos, causando problemas moi graves para as persoas que viven nas vilas de Lulep e Luli no nordés da illa. O ácido da cinza volcánica cae ás hortas, e arruína as colleitas, e descompón os teitos de palla.

Hoxe en día a maioría das persoas que viven en Paama viven en aldeas preto da costa da illa e cas súas hortas nas ladeiras próximas. Os produtos agrícolas son en gran medida para a súa subsistencia, aínda que algúns se exportan para á venda en Port Vila (na capital de Vanuatu Efaté) e Luganville (en Espírito Santo).

Na parte norte da illa existe unha franxa de céspede o aeroporto, con sede na aldea de Tavie. A aterraxe e a engalaxe deste aeroporto non é para os pusilánimes, é unha das pistas de aterraxe máis curtas no conxunto de Vanuatu.

Liro, é o centro administrativo e o pobo máis densamente poboado da illa. Hoxe en día a poboación da illa non chega aos 2.000 habitantes, a gran maioría habitan na costa occidental da illa. Con todo, o número de persoas que alegan ser Paamese é moito maior que isto. Ao redor de 7.000 persoas que viven ao longo Vanuatu din ser Paamese no censo de 1999.

Os habitantes falan o idioma Paama, un dos tres idiomas nacionais de Vanuatu.

Notas editar

  1. Crowley, Terry. 1982. The Paamese Language of Vanuatu. Pacific Linguistics, Series B – No. 87. Canberra: ANU Printing Services.