POAL
Pontevedra Alternativa é un partido independente do concello de Pontevedra formado en 2010 co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2011.
Historia editar
Antes que o partido naceu a idea de se presentar á alcaldía do empresario Ramón Pedras Lorda ("Petete"), a finais de 2009, coa creación do blog Alcalde Pedras. Máis tarde constituíuse o partido de forma oficial e creouse a lista á alcaldía, sendo o nº 2 Leoncio Feijóo.
A súa campaña electoral estivo centrada en propostas para a cidade, baseada na presenza en seccións locais de medios de comunicación como o Diario de Pontevedra, Faro de Vigo ou La Voz de Galicia.
Resultados electorais editar
Eleccións | Nº de votos | Porcentaxe de voto | Escanos | Posición |
---|---|---|---|---|
Municipais '11 | 677 | 1,55 | 0 | 5 |
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |