PO-532

estrada autonómica galega de Pontevedra a Ponte Caldelas (Pontevedra)

A PO-532[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Atios (O Porriño) e Oleiros (Salvaterra de Miño); atravesa os concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Ten unha lonxitude de 14,24 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Atios (O Porriño) e finaliza nun cruzamento coa PO-400 en Oleiros (Salvaterra de Miño).

PO-532
Mapa
Estrada PO-532
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude14,24 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-541  Pontevedra (leste)
Fin PO-255  Ponte Caldelas

Percorrido editar

Sae da rotonda onde remata a N-541, na Avenida Loureiro Crespo de Pontevedra. No seu comezo pasa pola rúa de San Amaro, e en Marcón e Mourente pasa pola rúa de Moldes. No lugar da Ermida crúzase coa PO-542 que vai desde Bora até o nó do Pino.

Xa no concello de Ponte Caldelas, no lugar da Reigosa, está o desvío á dereita cara ao polígono industrial do Campiño, pola EP-0004. Pouco despois, tamén a man dereita, pode collerse a estrada EP-0205 cara a Xustáns. Logo de atravesar Vilarchán co cruzamento á estrada EP-0204 a Mirón, seguindo atravesado a Buchabade, Tourón co cruzamento á estrada EP-0206 a Parada e seguindo atravesado a Cuñas, chégase a Ponte Caldelas.

A vía remata na Avenida de Pontevedra. A travesía que segue cara á Lama é a PO-255, a que vira á dereita pola Avenida de Vigo é a PO-244, que vai cara a Arcade (Soutomaior), e a que vira á esquerda é a PO-234 que vai cara á Chan (Cerdedo-Cotobade).

Notas editar

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.