Outeiro dos Lameiros

O Outeiro dos Lameiros é un petróglifo que se atopa na Serra da Groba, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello pontevedrés de Baiona. Constitúe un dos conxuntos de maior interese do Suroeste de Galicia.[1]

Gravados de cabalos no sitio do Outeiro dos Lameiros.
Gravados con motivos esquemáticos, neste caso un panel.

Historia editar

As representacións remóntanse hai uns 4.000 anos. Nelas atópanse tanto motivos esquemáticos como naturalistas, dándolle importancia ós cabalos que xa daquela pacían pola Serra da Groba.[2]

Notas editar

  1. Concello de Baiona. "Estación Rupestre "Outeiro dos Lameiros"". Consultado o 30/10/2014. 
  2. Francisco Javier Torres Goberna. "Petróglifos de Outeiro dos Lameiros (Baiona)". Consultado o 30/10/2014.