Otto de Grecia, ou Otto von Wittelsbach (En grego Όθων, Βασιλεύς της Ελλάδος); nado en Salzburgo o 1 de xuño de 1815 e finado en Bamberg o 26 de xullo de 1867. Foi Príncipe da Baviera e logo o primeiro rei da Grecia moderna en 1832 despois do Tratado de Adrianópolis onde a Grecia se tornou independente so a protección das grandes potencias Reino Unido, Francia e Rusia.

Infotaula de personaOtto de Grecia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Otto von Bayern Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Otto Friedrich Ludwig von Bayern Editar o valor em Wikidata
1 de xuño de 1815 Editar o valor em Wikidata
Salzburgo Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1867 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Bamberg Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTheatinerkirche Editar o valor em Wikidata
Rei da Grécia (pt) Traducir
27 de maio de 1832 – 23 de outubro de 1862 – Xurxo I de Grecia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Baviera
Reino de Grecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , monarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrince of Bavaria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Wittelsbach Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAmália de Oldemburgo (pt) Traducir (1836–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
ParellaJane Digby (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLuís I de Baviera Editar o valor em Wikidata  e Teresa de Saxe-Hildburghausen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMatilde Carolina da Baviera (pt) Traducir, Aldegunda da Baviera (pt) Traducir, Hildegarda Luísa da Baviera (pt) Traducir, Alexandra da Baviera (pt) Traducir, Leopoldo, príncipe regente da Baviera (pt) Traducir, Maximiliano II da Baviera (pt) Traducir e Adalberto Guilherme da Baviera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Wittelsbach-162 Find a Grave: 13036213 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Salzburgo, Austria, como segundo fillo do rei Lois I de Baviera e Teresa de Saxe-Hildburghausen. Accedeu ao trono grego en 1832, aos 17 anos de idade, cando a conferencia internacional reunida en Londres desde 1827 para lograr acordos sobre Grecia optou por el como monarca. Até 1835 gobernou baixo unha rexencia composta por bávaros, que se virou de contado impopular para os gregos: a "bavarocracia" (Βαυαροκρατία). En marzo de 1844 unha rebelión aberta contra este grupo fixo que o rei prescindise do mesmo definitivamente.

A súa impopularidade medrou por mor do incremento dos impostos e a súa propia relixión (católica). Tamén sumou para a súa mala imaxe o feito de non no ter herdeiros do seu casamento coa duquesa Amelia de Oldemburgo, con quen Otto I casara o 22 de novembro de 1836. A inxerencia nos asuntos gregos das potencias que o coroaran tamén contribuíu a aumentar a xenreira do seu pobo. Desde 1854 e até 1857 os británicos e mailos franceses ocuparon o porto ateniense do Pireo, o que impediu a intervención helénica a favor dos rusos na Guerra de Crimea. A situación do monarca viuse aínda máis comprometida desde 1861, despois de que un estudante tentase asasinar a raíña Amelia.

Exilio e pasamento editar

 

Otto I abdicou en outubro de 1862, logo de varias tentativas de derrocamento por parte dos seus opositores revolucionarios, e en parte tamén porque as potencias que o sustentaran aconselláranlle renunciar ao poder. El-rei e a raíña refuxiáronse nun barco de guerra británico e regresaron a Baviera, levando canda eles o estandarte real grego que trouxeran en 1832. No seu momento suxeriuse que se Otto e a raíña Amelia tivesen un fillo como posible herdeiro non serían derrocados, pero aínda así, a sucesión real xa estaba establecida na Constitución grega de 1843, e a coroa recaería sobre un dos irmáns máis novos do rei ou os seus descendentes.

Otto morreu no palacio dos antigos bispos de Bamberg, en Baviera, e foi soterrado na igrexa dos teatinos de Múnic. No seu retiro, o ex-monarca de Grecia aínda utilizaba os uniformes tradicionais gregos xurdidos a raíz da revolta cretense (1866-1869). En 1866 Otto fixo importantes doazóns para proporcionarlle armas aos insurxentes de Creta, preocupándose de que esta doazón permanecese en segredo até a súa morte, coa finalidade de evitar causar problemas políticos ao novo rei de Grecia, Xurxo I.

Está xeralmente aceptado pola maior parte dos historiadores que Otto, malia ao seu fracaso na empresa do reinado heleno, amou Grecia como a súa nova patria. O seu fracaso como monarca de Grecia debeuse maiormente a problemas relixiosos e ás intrigas existentes entre os tres grandes poderes. Antes de morrer, Otto fixo constar que querería ser soterrado vestindo o seu propio uniforme grego.