Osmerus
Eperláns

Osmerus eperlanus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Osmeriformes
Suborde: Osmeroidei
Superfamilia: Osmeroidea
Familia: Osmeridae
Xénero: Osmerus
Linnaeus, 1758
Especies
  • Véxase o texto

Osmerus é un xénero de peixes teleósteos, o tipo da orde dos osmeriformes,[1][2] así como da suborde dos osmeroideos (Osmeroidei),[3] e da superfamilia do mesmo nome (Osmeroidea).[4]

Osmerus eperlanus fritos, nun restaurante de Hamburgo.
Osmerus mordax.

Son pequenos peixes de dorso verdoso e ventre branco, cunha banda prateada nos flancos e coa mandíbula lixeiramente prominente, que viven na parte norte do hemisferio boreal, tanto ao longo das costas do océano Atlántico como do Pacífico. Son tipicamente anádromos.

O nome vulgar galego, eperlán,[5] provén do francés éperlan, e este do franco *spirling, do que derivan tamén os seus nomes en alemán (Spierling) e en neerlandés (spirling).[6]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné, na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][2]

Porén, algúns autores atribúenlle a descrición a Forsskål en 1775.[7]

Etimoloxía editar

O nome científico Osmerus deriva do grego antigo ὀσμή osmḗ, "olor", "cheiro", "fragrancia", en referencia ao aroma característico da carne dos peixes deste xénero.[8][9][10]

Sinónimos editar

O xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Eperlanus Rutty, 1772
  • Eperlanus Gaimard, 1851

Especies editar

O xénero comprende as tan só dúas especies:[1][2][11]

Aínda que algúns autores recoñecen tamén a:

E, na FishBase, tamén se recoñece a especie:[13]

Esta especie convive co eperlán arco da vella (Osmerus mordax) e distínguese del polo seu crecemento máis lento, a maduración máis temperá, a vida máis curta, a desova máis tardía e polos seus alimentos máis pequenos.[14] Os datos xenéticos suxiren que ambas as especies evolucinaron independentemente nos lagos onde viven.[15]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Osmerus Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 Osmerus Linnaeus, 1758 no ITIS.
  3. Osmeroidei no ITIS.
  4. Osmeroidea no ITIS.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 59.
  6. eperlano no DRAE.
  7. Osmerus Forskal 1775 Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  8. Woodhouse, S. C. (1910): English-Greek Dictionary - A Vocabulary of the Attic Language. George Routledge & Sons Ltd., Broadway House, Ludgate Hill, E. C. Searchable JPEG fulltext
  9. Glare, P. G. W. ed. (1968–1982): Oxford Latin Dictionary (1st ed.). Oxford (UK): Oxford University Press. ISBN 0-19-864224-5.
  10. FishBase (2006): Order Osmeriformes.
  11. Osmerus Arquivado 06 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
  12. Osmerus na ADW.
  13. Especies do xénero Osmerus en FishBase.
  14. Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2012): Osmerus spectrum Cope, 1870 en FishBase.
  15. Taylor, E. B. & Bentzen, P. (1993): "Evidence for multiple origins and sympatric divergence of trophic ecotypes of smelt (Osmerus) in northeastern North America". Evolution 47: 813-838.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña).
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar