Oskar Schlemmer
Oskar Schlemmer, nado en Stuttgart o 4 de setembro de 1888 e finado en Baden-Baden o 13 de abril de 1943, foi un pintor, escultor e deseñador alemán relacionado coa Escola da Bauhaus.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1888 Stuttgart |
Morte | 13 de abril de 1943 (54 anos) Baden-Baden |
Lugar de sepultura | Waldfriedhof Stuttgart (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña nazi (1933–1943) República de Weimar (1918–1933) Imperio Alemán (1888–1918) |
Educación | State Academy of Fine Arts Stuttgart (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | profesor universitario (1920–1928), fotógrafo , deseñador , artista gráfico , escenógrafo , escultor , monicrequeiro , libretista , pintor , diseñador de vestuario |
Empregador | Bauhaus (1920–1928) Eugeniusz Geppert Academy of Fine Arts (en) |
Movemento | Bauhaus |
Profesores | Christian Adam Landenberger (pt) |
Lingua | Lingua alemá |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Participou en | |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
19 de xullo de 1937 | Degenerate Art Exhibition (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Helena Schlemmer |
Fillos | Karin Schlemmer (pt) , Ute-Jaïna Schlemmer |
Traxectoria editar
Nado en Stuttgart, tivo unha formación en marquetaría. Entrou na Bauhaus de Weimar en 1920. Traballou durante algún tempo no obradoiro de escultura mural e, despois, no de escultura. A súa obra máis famosa é «Triadisches Ballett» (1922), no que os actores aparecen disfrazados de formas xeométricas. Igualmente en Slat Dance e Treppenwitz, o vestiario dos intérpretes fai deles esculturas vivas, coma se fosen parte do escenario. Tamén para o eido da danza fixo o vestiario de "Blonde Marie" con Trudi Schoop en 1938.[1]
En 1923, foi contratado como mestre do obradoiro de teatro. Cando a Bauhaus se trasladou a Dessau, creou teatros de ensaio.
As súas cartas privadas, especialmente as dirixidas a Otto Meyer e Willi Baumeister, e o seu diario persoal deron valiosas referencias do que ocorría na Bauhaus. Especialmente, fala de como o persoal e os estudantes reaccionaban ós moitos cambios e desenvolvementos que ocorrían na escola.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- VV.AA.: Los maestros de la pintura occidental, volumen II, Taschen, 2005. ISBN 3-8228-4744-5