Un oshibori, tamén coñecido como otefuki, é unha toalla de man húmida, fría ou quente, que se ofrece nun restaurante ou salón de té no Xapón, e máis recentemente nos restuarantes asiáticos en xeral, estean ou non no seu país de orixe. Utilízanse para limpar as mans antes de comer e foron consideradas durante longo tempo un costume tradicional no Xapón. As oshibori frías son dadas en verán, mentres que as oshibori quentes son dadas en inverno. O termo oshibori escríbese habitualmente en hiragana; raramente utilízase o kanji.

Oshibori, toalla de man xaponesa