Oscilación de Allerød

A Oscilación de Allerød é unha fase de oscilación climática na que o clima vólvese temperado, dentro da terceira Glaciación de Würm, no Paleolítico Superior, que abrangue aproximadamente o período dende o 10000 a.C. ao 9000 a.C.

Neste período, as temperaturas subiron até niveis semellantes aos que temos agora. A vexetación medrou e colonizou áreas ocupadas por glaciares e o nivel do mar subiu cerca de 60 metros. Ao final deste período, houbo un breve retorno do frío, para logo mudar cara ao clima actual.

Foi bautizado co nome da cidade de Allerød, en Dinamarca, onde foron identificados por vez primeira depósitos de sedimentos creados durante este período.