Oscar Alende
Oscar Eduardo Alende, nado en Maipú, Buenos Aires o 6 de xullo de 1909, e finado o 22 de decembro de 1996, coñecido co alcume de Bisonte,[1] foi un médico e político arxentino, pertencente á Unión Cívica Radical, Unión Cívica Radical Intransixente e Partido Intransixente, do que foi fundador.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1909 Maipú, Buenos Aires, Arxentina (en) |
Morte | 22 de decembro de 1996 (87 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Deputado da Arxentina | |
1989 – 1993 Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires | |
Deputado da Arxentina | |
1985 – 1989 Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires | |
Deputado da Arxentina | |
1952 – 1958 Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires | |
Governor of Buenos Aires Province (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | político , cirurxián |
Período de actividade | 1945 - |
Partido político | União Cívica Radical (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Traxectoria editar
A súa infancia e estudos primarios transcorreron en Maipú (Buenos Aires), mudándose a Mar del Plata para asistir á escola secundaria.
Traballou dende os 17 anos. O seu primeiro traballo foi de escribiente na Dirección Xeral de Escolas da provincia de Buenos Aires, exercendo así dende temperá idade tarefas xornalísticas na revista de educación desa dirección.
Cursou os estudos secundarios en Mar del Plata e o tres primeiros anos de Medicina na Universidade Nacional de La Plata onde se adheriu ó movemento da Reforma Universitaria chegando a ser presidente do Centro de Estudantes de Medicina e vicepresidente da Federación Universitaria de La Plata. Trasladouse a Buenos Aires para rematar os seus estudos, converténdose en médico en 1933 na Facultade de Medicina da Universidade de Buenos Aires.
Exerceu sempre a súa profesión con gran recoñecemento, aínda durante o tempo que foi gobernador da provincia de Buenos Aires. Foi xefe de Cirurxía Gastrointestinal do Hospital Rawson da cidade de Buenos Aires, profesor da Escola Cirúrxica do Hospital Finocchietto e membro da Academia Arxentina de Cirurxía.
Faleceu en Buenos Aires o 22 de decembro de 1996.[1]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Alende, un Bisonte que supo hacerse escuchar en política". La Nación. 23 de decembro de 1996. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2015.