Os tumbos

obra literaria de Ricardo Carballo Calero

Os tumbos é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1950 no nº 5 de Alba (Vigo). Foi reeditado en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias[1] e en 1984 na Narrativa completa[2]. Son só unhas catro páxinas.

Os tumbos
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Narrativa
Data de pub.1950
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Lembra a estrada que levaba cando era neno á casa onde pasaba os veráns a familia. Soña e esperta escoitando un tumbo oco, seco, fatal. Todas as noites empeza a escoitarse, el non ten medo mais a familia asústase. A principio non o contan a ninguén por vergoña. Os tumbos seguen, as meniñas choran, a neneira berra. O pai pon un fío no muro da horta pero non atrapa nada e mesmo anda con revólver na man. Acábao sabendo todo o mundo. Unha noite veñen todos os veraneantes quedaren con eles, mais esa noite non se escoita. A neneira empeza a dicir que viu un fantasma no seu cuarto.

Acaban chamando a Benemérita que non atopa nada. O consumeiro -o encargado de cobrar na caseta os consumos, as mercadorías, que pasaban de concello a concello- protesta porque lle tiraron mazás desde a casa do neno. Volve a Garda Civil e a neneira conta que acaban de caer mazás pola cheminea. Finalmente a neneira asústase coa Garda Civil e aclara a orixe de todos os sucesos que semellaban de trasnos. Fora un pecado de amor "e é mester perdoa-la”. Era moza e tiña mozo mariñeiro na cidade, esmorecía por estar col. Por iso cumpría volver á cidade sen que tivese que deixar o traballo, que era bo. Por iso ideou o asunto dos trasnos, se se asustaban todos volverían á cidade e asunto resolto. Ela mesma collía unha zoca e petaba con toda a alma na parede. Como o do tumbo non deu o resultado debido tamén o intentou coas mazás. A rapaza acabou despedida.

Agora que son home, cando me lembro daquela moza, enche-se-me o corazón dunha funda simpatía. Tiña imaginzón, sen dúbida. Se soubese escreber, poderia participar nun consurso de novela galega. Non sendo novelista, podería ser personage novelesca. Mais esta historia só a coñecía eu.[3]

Características editar

Na edición de 1984 sinálase:

O ambiente do relato é o de “As pitas baixo a chúvia” e, se cadra, “A cegoña”, contos de protagonista infantil[4]

.

Henrique Rabuñal comenta:

Condúcenos a esa casa de veraneo con horta e merlo, con coellos e galiñas, con caza de grilos e moscas. Era a casa dos trasnos vividos por unha crianza que aínda non chegou ao decenio. A anécdota revélanos como nas noites daquela case se ouvían "tumbos” e como a neneira cría ver un fantasma na súa alcoba. Tamén como un consumeiro era alcanzado por misteriosas mazás voadoras. Coa Benemérita presente, a cociñeira confesa o seu pecado de amor: un mozo mariñeiro na cidade á que ela pretende volver de contado. O dos tumbos e o das mazás foron cousa súa, pecado que deberá pagar co seu despedimento, pero tamén coa simpatía do narrador.[5]

Notas editar

  1. Carballo Calero, Ricardo (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 139-142 ISBN 84-85385-26-8
  2. Carballo Calero, Ricardo (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 205-209. ISBN 84-7492-321-2
  3. Carballo Calero 1984, p. 208.
  4. Carballo Calero 1984, p. 11.
  5. Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 138. ISBN 978-84-9151-436-7.