Os probes de Deus

obra literaria de Luís Amado Carballo

Os probes de Deus é unha novela curta de Luís Amado Carballo. Datada en Pontevedra en novembro de 1923, saíu editada o 31 de xaneiro de 1925 no n.º 5 da revista-editorial Lar.

Os probes de Deus
Autor/aLuís Amado Carballo
CubertaCamilo Díaz Baliño
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialLar n.º 5
Data de pub.31 de xaneiro de 1925
FormatoTapa branda
Precedido porMaliaxe
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A obra narra a vida de varios anciáns que viven nun asilo dunha vila costeira, como o labrego Pedro Lueiro, o mariñeiro Cibrán do Estevo, un cego que conta historias vellas, un poeta republicano tísico, a fidalga Malvina de Gondarel ou o parvo de Codeseda. Alí rememoran as súas vidas pasadas ao tempo que fan algunhas tarefas para levar.

Narración editar

Aparecen reflectidos os diferentes estamentos sociais da época. As temáticas representadas falan de tópicos xa tratados por Amado Carballo en relatos anteriores, como a relixiosidade, a hipocrisía social, o caciquismo ou a explotación laboral.

A trama discorre nun mes de Nadal.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar