Os contos de Grimm

Os contos de Grimm é unha escolma de contos infantís dos Irmáns Grimm traducidos por Manuel Beiras "Eubensei", publicada en 1983 pola editorial Ediciós do Castro.

Os contos de Grimm
Título orixinalOs contos de Grimm
Autor/aJacob e Wilhelm Grimm
OrixeGalicia
LinguaGalego
Xénero(s)Conto
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1983
Páxinas210 páx.
ISBN84-7492-199-6
TraduciónManuel Beiras "Eubensei"
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A obra está constituída polos seguintes contos: "As tres fiandeiras", "Os músicos de Bremen", "O xastriño arriscado", "Colás O Miserias", "Os anos de vida", "O xastre no ceo", "A raíña das abellas", "Pulgarciño", "Palliña, Carbón e Feixón", "O labreguiño no ceo", "O lobo e os sete cabritos", "A ninfa do lago", "Carapuchiña bermella", "O pobo dos pequeniños", "O animais de Deus e o diaño", "Os tres lacazáns", "A señora Holle", "O señor padriño", "O linguado", "O burriño", "O señor Cundo", "O doutor Sabelotodo", "A cincenta", "O pastoriño", "O lobo e o home", "As papas doces", "A ninfa", "Os tres moinantes", "O can e o pardau", "A cubiza de Sabela", "Brancaneves", "O trasno da botella", "O pobre e o rico", "O campesiño e o diaño" e "O cravo".

O libro conta cunha introdución feita por Hixinio Rous.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar