Ortonéctidos
(Orthonectida)

Dúas femias de diferentes ortonéctidos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Ortonectida
Giard, 1877 [1][2]
Familias

Os ortonéctidos (Orthonectida, do grego ὀρθός orthós, "recto", "dereito", e νηκτός nēktós, "nadador", derivado de νήχειν nḗchein, "nadar") son un pequeno filo de animais parasitos de invertebrados mariños (moluscos, equinodermos etc), onde se encontran algúns dos animais multicelulares máis simples. O filo consta dunhas 20 especies das que Rhopalura ophiocomae é a máis coñecida.[3]

Estrutura editar

Móvense por cilios cando están fóra do anfitrión. Contan cunha capa celular sobre a que se acha unha masa de células sexuais. Pódense diferenciar os machos e as femias: cando a femia é inseminada, dos ovos sae rapidamente unha larva que busca de seguido hospedador.

As fases asexuadas son totalmente diferentes ás dos rombozoos (Rhombozoa) formando un plasmodio ameboideo e multinucleado, reproducíndose por plasmotomía. O plasmodio dá lugar a machos e femias que teñen parecido cos nematóxenos dos diciémidos ou rombozoos.

O somatodermo externo rodea a masa de células interiores formada por moitas células xerminais que producen óvulos e espermatozoides.

Cando o animal está sexualmente maduro abandona o hospedador e ten lugar a fecundación como organismos que nadan libres. Os zigotos desenvólvense dentro da femia e xeran unha larva como a infusoriforme dos rombozoos. Abandonan á nai e, logo dun período de vida libre, fanse infecciosas para novos hospedadores.

Clasificación dos ortonéctidos editar

Listaxe dos ortonéctidos máis coñecidos (por orde alfabética do nome científico) editar

Notas editar

  1. Orthonectida World Registrer fo Marine Species. (en inglés)
  2. Orthonectida SIIT. (en inglés)
  3. Ben Hanelt, David Van Schyndel, Coen M. Adema, Louise A. Lewis & Eric S. Loker (November 1996). "The phylogenetic position of Rhopalura ophiocomae (Orthonectida) based on 18S ribosomal DNA sequence analysis". Molecular Biology and Evolution 13 (9): 1187–1191.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar