Ortigueira, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira

Santa Marta de Ortigueira é unha parroquia do concello de Ortigueira, capital do concello. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.584 habitantes (829 mulleres e 755 homes) nunha única entidade de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 1.810 habitantes.

Ortigueira
O Paseo do Cantón no centro da vila.
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°41′05″N 7°51′18″O / 43.68465169, -7.855073182Coordenadas: 43°41′05″N 7°51′18″O / 43.68465169, -7.855073182
Poboación1.584 hab. (2013)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Está situada na beira leste da ría do seu nome, no istmo dunha península formada polo Campo da Torre e a aba dos montes Soborribas, Cancelo e Brandaliz. Linda polo norte coa parroquia de Luama, polo leste coa parroquia de Luía, polo oeste e sur limita coa ría do seu nome, e polo sueste coa parroquia de Cuíña.

Co paso do tempo a vila foi medrando ao longo da estrada AC-862 e na actualidade segue o abandono da antiga localización. Quedan algúns vestixios desta vella localización, no barrio do Ponto ao pé do Campo da Torre, que remataba na ribeira sur, hoxe convertida en peirao axardinado e porto deportivo.

Patrimonio editar

No cume do pequeno monte chamado Campo da Torre localízase un dos catorce castros que existían na contorna da ría de Ortigueira, e sobre el ergueuse arredor do século XII un castelo-fortaleza, que segundo unha relación de defensas do século XVIII, podía acoller preto de 800 soldados. No lugar que ocupaba a torre deste castelo constrúese un muíño de vento aló polo 1890, que na actualidade foi reconstruído na súa totalidade. Deste lugar só queda algún vestixio dun muro castrexo que arrodeaba un foxo duns 100 metros de diámetro.

A igrexa parroquial dedicada a Santa Marta, forma parte do convento de San Domingos, que foi erguido no século XVIII sobre outro anterior do século XIV. Hoxe o conxunto conventual alberga a igrexa parroquial e as instalacións administrativas do concello arredor do claustro, ademais dun pequeno teatro de mediados do séc. XIX. Do interior desta igrexa de planta de cruz latina, destaca o retablo do altar maior, obra do mestre compostelán Juan Domínguez Estivada, que combina barroco, neoclásico e rococó. No seu centro atópase a imaxe do San Domingos, fundador da orde que habitou estes conventos. Este mesmo retablista tamén foi o artífice doutro notable retablo da igrexa, o da Virxe do Rosario de estilo renacentista. No claustro do convento, no que foran as bodegas e almacén da leña do convento, está o Teatro de Beneficencia, restaurado e punto de encontro da actividade cultural da vila.

No actual barrio do Ponto está o antigo hospital de peregrinos, o hospital de San Roque, e tamén había outro no barrio da Madalena, que era un dos camiños de acceso á vila. Se daquela estaban extramuros, hoxe un está dedicado a diversos servizos municipais, e do outro fica unha pequena capela na honra de Santa María Madalena.

Dous edificios tamén singulares que están moi ligados á vila son o antigo asilo Dolores Díaz Dávila e o Grupo Escolar, que pertencen ámbolos dous á parroquia de Luama.

Patrimonio inmaterial editar

A ceba do Santísimo era un costume que existía na parroquia de celebrar unha poxa o día de Reis no adro da igrexa para adxudicar ao mellor ofertante o dereito de apañar as algas ou argazo da beiramar da vila nos domingos e demais días festivos do ano, co obxecto de dedicar os seus produtos en venda a soster o alumeado permanente do Santísimo na citada igrexa e a custear a festa do Corpus Christi. Supón García Ramos que esta concesión exclusiva debe proceder dun dos privilexios outorgados á vila por Afonso X o Sabio, pois os demais días da semana as algas mariñas son apañadas libremente polos veciños para o adubo das leiras, como se fai durante todo o ano no resto del litoral galego.[2]

Lugares e parroquias editar

Lugares de Ortigueira editar

Lugares da parroquia de Ortigueira no concello coruñés de Ortigueira

O Campo da Torre | A Lagarea | A Madalena | Ortigueira | A Penela | O Ponto | A Preguiza

Parroquias de Ortigueira editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar