Orquestra Sinfónica do Estado de Mérida

A Orquestra Sinfónica do Estado de Mérida (OSEM) é unha orquestra filharmónica orixinal da cidade de Mérida do estado de Mérida, en Venezuela. É unha organización sen ánimo de lucro fundada en 1991 polo pianista e educador venezolano José Antonio Abreu.

Orquestra Sinfónica do Estado de Mérida
Panorámica da orquestra sinfónica do estado de Mérida
OrixeMérida, Venezuela
Período21 de xuño de 1991 - presente
Xénero(s)música clásica
Antigos membrosAmílcar Riva (director fundador)
Sergio Bernal
Na rede
OSEM
Facebook: 104668486242289 Editar o valor em Wikidata

Historia e características editar

A orquestra creouse o 21 de xuño de 1991, como resultado do proceso natural de evolución e desenvolvemento da Orquestra Nacional da Xuventude do estado Mérida, fundada en 1978 como parte da expansión da Orquestra Xuvenil de Venezuela, sistema liderado polo mestre José Antonio Abreu.

O seu co-fundador e primeiro director artístico foi Amílcar Rivas. Entre 1994 e 1997, o seu director musical foi Sergio Bernal que ampliou o repertorio da orquestra con música sinfónica europea e latinoamericana. Entre 1998 e 2001, a OSEM foi liderada por Felipe Izcaray que comezou programas educativos entre a comunidade e que se converteron en parte fundamental das actividades da orquestra. César Iván Lara converteuse no director musical dende xaneiro de 2004.

Na tempada de 2006, a orquestra participou en moitos eventos oficiais do goberno do estado de Mérida, Universidade dos Andes, da FESNOJIV, e en diferentes municipios, ofrecendo 39 concertos sinfónicos e 108 concertos de cámara e educartivos en 21 municipios do estado de Mérida. En 1999, a OSEM foi nomeada Patrimonio Cultural do Estado Mérida.[1]

A orquestra comezou os actos de celebración do seu vixésimo aniversario o 15 de xaneiro de 2011, día no que realizaron un concerto da Sinfonía No. 2 "Pequena Rusia" de Tchaikovski co gallo do Festival de Música de Mérida.[2]

Notas editar

  1. "OSEM, Mérida Venezuela.". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 11 de maio de 2011. 
  2. El Nacional (13 de xaneiro de 2011). "Festival de Música de Mérida celebra su segunda edición" Arquivado 28 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar