Oriol Bohigas

arquitecto español

Oriol Bohigas i Guardiola, nado en Barcelona o 20 de decembro de 1925 e finado o 30 de novembro de 2021,[1] foi un arquitecto catalán.

Oriol Bohigas
Nacemento20 de decembro de 1925
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento30 de novembro de 2021
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona
Ocupaciónarquitecto, urbanista, profesor universitario e político
PaiPere Bohigas i Tarragó
CónxuxeElisabeth Galí i Camprubí
PremiosCreu de Sant Jordi, Serra d'Or Critics Award, Medalha de Ouro da Generalidade da Catalunha, Medalla de Ouro da Arquitectura, Sikkens Prize, Premio Nacional de Arquitectura de España, Medalla de Ouro da Cidade de Barcelona e Narcís Monturiol Medal
Na rede
IMDB: nm2173245 Dialnet: 2134358 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Edificio Meridiana.

Traxectoria editar

En 1943 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1951. En 1961 obtivo o título de urbanista e no ano 1963 o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus estudos, en 1951 fundou xunto a outros arquitectos o Grupo R. Ese mesmo ano asociouse con Josep Martorell e en 1962 con David Mackay formando o estudio de arquitectura MBM Arquitectes.[1] Foi presidente da editorial Edicions 62 (1975-1979). No ano 1977 foi nomeado Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB), cargo que abandonou en 1980 para ser nomeado, polo alcalde socialista Narcís Serra, delegado da área de Urbanismo do concello de Barcelona ata 1984.[1] Desde ese momento pasou a ser concelleiro de Urbanismo do concello de Barcelona, con Pasqual Maragall, o que lle permitiu proxectar a política urbanística das grandes infraestruturas para Barcelona co motivo dos Xogos Olímpicos de 1992.

En 1991, foi elixido concelleiro de Cultura. Entre 1981 e 1988 foi presidente da Fundación Joan Miró. Dende o 2007 é o presidente do Ateneo Barcelonés[2], cargo dende o cal iniciou a restauración e mellora da súa biblioteca.

Foi catedrático emérito pola Universidade Politécnica de Cataluña e Doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Darmstadt e a Universidade Menéndez Pelayo.

Obras destacadas de MBM Arquitectes editar

Premios e galardóns editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Cia, Blanca (1 de decembro de 2021). "Fallece Oriol Bohigas, el arquitecto de Barcelona". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  2. Xunta directiva do Ateneo Barcelonés en ateneubcn.org Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en catalán).
  3. Ficha do edificio Meridiana en epdln.com (en castelán).
  4. Ricart, Marta (24 de setembro de 1994). "Una hora de fraternal nostalgia". La Vanguardia. p. 2. ISSN 1133-4835. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 17 de maio de 2022. 
  5. Premio FAD en epdl.com (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar