Orientación Gallega

Orientación Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1962 e 1965.

Orientación Gallega
Lingualingua castelá
LocalidadeBuenos Aires
Na rede
Galiciana: 3947
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Co lema "Todo por la libertad y la democracia", era o órgano de expresión da Unión Federal Gallega Democrática. Apareceu o 2 de xaneiro de 1962, dirixido por Cándido Alfonso González. Pretendía unir os esforzos da colectividade galega na Arxentina para defender a democracia, a república española e a autonomía galega fronte ao totalitarismo de Francisco Franco e dos comunistas; aínda que a súa obsesión por estes limitou moito o seu traballo. Dende o principio acusaron á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina e ao seu órgano Galicia de estar tomados polo comunismo, non respectando así os desexos e necesidades do pobo galego. Entre os seus colaboradores figurou Emilio González López.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar