Orhan Pamuk

escritor turco

Orhan Pamuk, nado en Istambul o 7 de xuño de 1952, é un escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

Orhan Pamuk
Nacemento7 de xuño de 1952
 Istambul
NacionalidadeTurquía
EtniaPobo turco
Relixiónsecular Islam
Alma máterFaculty of Communications, Universidade Técnica de Istambul, Robert College e Universidade de Istambul
Ocupaciónescritor, novelista, guionista, ensaísta, xornalista e académico
CónxuxeAylin Türegün (m. 1982, div. 2001)
IrmánsŞevket Pamuk
XénerosNovela
Coñecido/a porThe White Castle, The Black Book, The New Life, My Name Is Red, Snow, Istanbul: Memories and the City, The Museum of Innocence, Cevdet Bey and His Sons e Nights of Plague
PremiosPremio Nobel de Literatura, Oficial da Lexión de Honra, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, prix du meilleur livre étranger, Independent Foreign Fiction Prize, International Antalya Golden Orange Film Festival Award for Best Original Screenplay, Grinzane Cavour Prize, Premio Literario Internacional IMPAC de Dublín, Prémio Médicis estrangeiro, Ovid Prize, Norman Mailer Prize, Comendador das Artes e as Letras, Honorary doctor of the Free University of Berlin, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Ricarda-Huch-Preis, honorary doctor of Sofia University, honorary doctorate from the American University of Beirut, honorary doctorate of the University of Tirana, honorary doctor of the Yale University, doutor honoris causa pola Universidade Estatal de San Petersburgo, Erdal Öz Literature Award e sen etiquetar
Na rede
http://www.orhanpamuk.net
IMDB: nm0658988 Facebook: OrhanPamukAuthor Bitraga: 2062 Musicbrainz: 0cef8c65-f5b7-4c06-91e5-e4c0d40cd83b Discogs: 656347 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa implicación política na defensa dos dereitos humanos, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias a admisión de Turquía na Unión Europea sitúano nunha posición intermedia incómoda. As súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, coma as matanzas de armenios a primeiros do século XX, nunha entrevista fixéronlle ser inculpado por "insulto ós turcos".

Nado en Istambul nunha familia acomodada (o pai era enxeñeiro), estudou no Robert College, colexio americano en Istambul. Por consello da familia (os pais querían que fora enxeñeiro) entrou na Universidade Técnica de Istambul, que deixou tres anos despois para dedicarse profesionalmente a escribir.

En 1977 acabou os estudos no instituto de xornalismo da universidade de Istambul. Entre os anos 1985 e 1988 viviu nos Estados Unidos en autoexilio, traballando para a Universidade de Columbia. Regresou a Turquía onde vive actualmente. Estivo casado entre os anos 1982 a 2001 e ten unha filla.

O 12 de outubro de 2006 recibiu o Premio Nobel de Literatura por ser un autor que "na procura na alma saudosa da cidade natal, atopou novos símbolos para o conflito e o vencellamento das culturas"

Obra editar

Os principais temas da súa obra son os conflitos e contradicións entre o oeste e o leste, o islam e o cristianismo, a tradición e o mundo contemporáneo. O conflito entre occidentalidade e islam na Turquía actual e, por exemplo, o tema da súa novela de 2002 Neve.

  • Karanlık ve Işık ("Escuridade e luz", 1974). Narra a vida de tres xeracións dunha familia turca.
  • Cevdet Bey ve Oğulları ("Cevdet Bey e os seus fillos", 1982).
  • Sessiz Ev ("A casa do silencio", 1983).
  • O castelo branco (Beyaz Kale, 1985). Tradución ao galego de Bartug Aykan e Eva Almazán, 2007.
  • Kara Kitap ("O libro negro", 1990). Un avogado tenta atopar a súa dona que o abandonou sen explicación.
  • Yeni Hayat ("A nova vida", 1995).
  • Benim Adım Kırmızı ("Chámome Vermello", 1998). Novela histórica e de misterio. Un sultán que se fai retratar a través da realización dun libro ilustrado á maneira dos francos, causa unha serie de asasinatos.
  • Neve (Kar, 2001). Tradución ao galego de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.
  • Istambul. As lembranzas e a cidade (İstanbul: Hatıralar ve Şehir, 2005). Tradución ao galego de Bartug Aykan e Lara Domínguez, 2008.
  • O Museo da Inocencia (Masumiyet Müzesi, 2008). Tradución ao galego de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar