Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo

A Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo (popularmente miguelianos) foi unha asociación católica nacida na diocese de Tui-Vigo e que derivou en orde relixiosa non recoñecida oficialmente.

Historia editar

En 1996 formouse en Vigo un grupo musical de carácter relixioso que participaba das cerimonias católicas que organizaban distintas parroquias da diocese de Tui-Vigo. O coro transformouse nunha asociación en 1997 e posteriormente converteuse nunha asociación pública de carácter privado e o 30 de xuño de 2009 nunha orde relixiosa aberta. Non obstante, para Igrexa Católica permaneceu como asociación pública de fieis de dereito diocesano [1] e nunca foi un instituto de dereito diocesano. O seu principal impulsor e fundador foi Feliciano Miguel Rosendo.

A finais de 2012 comezaron a aparecer denuncias sobre abusos sexuais dentro da orde. A investigación realizada polo bispado ao longo de 2013 e 2014 concluíu no apartamento de Miguel Rosendo da dirección da orde[2]. A comunidade, que chegara a ter 400 membros, desfíxose na súa práctica totalidade, e a finais de 2014 só quedaba unha trintena. En decembro dese ano, Miguel Rosendo, foi detido[3]. En decembro de 2018 foi condenado a nove anos de prisión por un delito de abuso sexual continuado.

Características editar

Os membros consagrados son dos dous sexos, e denomínanse miguelianos e miguelianas. Os seus hábitos son unha túnica de cor azul intenso e un escapulario amarelo. O máis destacado é a súa afección pola música e a canción, e teñen participado en distintos concertos e festivais relixiosos.

A súa sede principal está no Porto (Mougás, Oia).[4] Tamén teñen un local en Bustarviejo (Madrid), onde coidan de anciáns.

Persoas destacadas editar

Estivo vinculada a esta orde a modelo e actriz viguesa Olalla Oliveros, que se consagrou monxa migueliana[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar