Os Opistognátidos (Opistognathidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Viven en arrecifes pouco profundos dos océanos Atlántico centrooccidental, Índico e Pacífico desde o golfo de California a Panamá.

Opistognathus aurifrons

Características editar

Teñen unha boca longa, da que deriva o nome: opisto (parte traseira) e gnathos (mandíbula). Fisicamente son moi parecidos ós blénidos, pero máis pequenos, coa cabeza máis grande en relación ó seu corpo. Liña lateral situada en posición alta percorrendo o dorso ata a metade da aleta dorsal.

Aleta dorsal continua, con 9 a 12 espiñas; anal algo máis curta, con 3 espiñas; pelvianas situadas ó nivel das pectorais, cunha espiña e 5 radios brandos. O xénero Stalix ten as espiñas da aleta dorsal furcadas tranversalmente.

Os machos incuban os ovos na boca.

Clasificación editar

Existen unhas 60 especies agrupadas en catro xéneros:

  • Xénero Lonchopisthus (Gill, 1862)
  • Xénero Merogymnoides (Whitley, 1966)
  • Xénero Opistognathus (Cuvier, 1816)
  • Xénero Stalix (Jordan e Snyder, 1902)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar