O Open McDonald's ou McDonald's Championship foi unha competición internacional entre clubs de baloncesto masculino disputada entre os campións das competicións continentais e un equipo invitado da NBA no mes de outubro, xusto antes do comezo da tempada na NBA. Esta competición sucedeu ao Mundial de Clubs de Baloncesto ou Copa Intercontinental. Estaba coorganizado pola NBA e a FIBA e patrocinado pola empresa McDonald's. Disputouse en nove ocasións entre 1987 e 1999, as cinco primeiras edicións disputáronse anualmente, e dende 1991 disputouse cada dous anos. O Open McDonald's tiña lugar cada edición nunha cidade diferente, elixida de común acordo pola NBA e a FIBA.

McDonald's Open
Fundación1987
Desaparición1999
RexiónMundial
Equipos8

Historia editar

Nas nove edicións desta competición o título foi para o equipo da NBA , mais dúas veces por moi pouca marxe. A primeira vez foi nas semifinais da edición de 1990, cando os New York Knicks perdían por tres puntos ao equipo italiano do Scavolini Pesaro (107-104) con 30 segundos no marcador, logo dunha gran defensa, os Knicks recuperaron a posesión e Gerald Wilkins anotou unha tripla a oito segundos do final, levando o partido á prórroga, na que gañaron finalmente por catro puntos (119-115). O outro partido gañado por pouca marxe por un equipo da NBA foi en 1991, cando Los Angeles Lakers gañaron ao campión da Liga ACB, o Joventut Badalona, por dous puntos (116-114).

O Open McDonald's deixou de disputarse en 1999, mais no 2010 había intención de crear unha nova competición entre os clubs campións continentais cun formato similar, o Campionato Mundial de Clubs da FIBA. Porén, no 2010 non foi invitado ningún equipo da NBA, a FIBA pretende convidar ao campión da NBA nos vindeiros anos.[1] Os equipos que máis veces foron convidados a xogar este torneo foron o Real Madrid, o FC Barcelona e o KK Split, que participaron en tres ocasións.

Formato editar

Despois da primeira edición (con formato de 3 equipos), a competición foi disputada nun sistema de eliminación directa na que o equipo gañador pasaba á seguinte rolda. A competición combinaba as regras americanas e europeas.[2]

Finais editar

Ano
Cidade
Final Terceiro e cuarto posto
Campión Marcador Subcampión Terceiro Cuarto
1987  
Milwaukee
 
Milwaukee Bucks
Liga  
Soviet Union
 
Olimpia Milano (Tracer)
1988  
Madrid
 
Boston Celtics
111–96  
Real Madrid
 
Iugoslavia
 
Victoria Libertas Pesaro (Scavolini)
1989  
Roma
 
Denver Nuggets
135–129  
Split (Jugoplastika)
 
Olimpia Milano (Philips)
 
FC Barcelona
1990  
Barcelona
 
New York Knicks
117–101  
Split (Pop 84)
 
FC Barcelona
 
Victoria Libertas Pesaro (Scavolini)
1991  
París
 
Los Angeles Lakers
116–114  
Joventut Badalona (Montigalà)
 
Limoges
 
Split (Slobodna Dalmacija)
1993  
Múnic
 
Phoenix Suns
112–90  
Virtus Bologna (Buckler)
 
Real Madrid
 
Limoges
1995  
Londres
 
Houston Rockets
126–112  
Virtus Bologna (Buckler)
 
Perth Wildcats
 
Real Madrid
1997  
París
 
Chicago Bulls
104–78  
Olympiacos
 
Atenas
 
Racing Paris
1999  
Milán
 
San Antonio Spurs
103–68  
Vasco da Gama
 
Žalgiris
 
Varèse (Roosters)

MVP editar

 
Tim Duncan.
Ano Xogador Equipo
1987   Terry Cummings   Milwaukee Bucks
1988   Larry Bird   Boston Celtics
1989   Walter Davis   Denver Nuggets
1990   Patrick Ewing   New York Knicks
1991   Magic Johnson   Los Angeles Lakers
1993   Charles Barkley   Phoenix Suns
1995   Clyde Drexler   Houston Rockets
1997   Michael Jordan   Chicago Bulls
1999   Tim Duncan   San Antonio Spurs

Palmarés editar

Por equipo editar

Equipo Campión Subcampión Terceiro Cuarto
  Boston Celtics 1 0 0 0
  Chicago Bulls 1 0 0 0
  Denver Nuggets 1 0 0 0
  Houston Rockets 1 0 0 0
  Los Angeles Lakers 1 0 0 0
  Milwaukee Bucks 1 0 0 0
  New York Knicks 1 0 0 0
  Phoenix Suns 1 0 0 0
  San Antonio Spurs 1 0 0 0
  Split 0 2 0 1
  Virtus Bologna 0 2 0 0
  Real Madrid 0 1 1 1
  Joventut Badalona 0 1 0 0
  Olympiacos 0 1 0 0
  Unión Soviética 0 1 0 0
  Vasco da Gama 0 1 0 0
  Olimpia Milano 0 0 2 0
  FC Barcelona 0 0 1 1
  Limoges 0 0 1 1
  Atenas 0 0 1 0
  Perth Wildcats 0 0 1 0
  Iugoslavia 0 0 1 0
  Žalgiris 0 0 1 0
  Victoria Libertas 0 0 0 2
  Racing Paris 0 0 0 1
  Varèse 0 0 0 1

Por país editar

País Campión Subcampión Terceiro Cuarto
  Estados Unidos 9 0 0 0
  Italia 0 2 2 3
  España 0 2 2 2
  Iugoslavia 0 2 1 0
  Brasil 0 1 0 0
  Grecia 0 1 0 0
  Unión Soviética 0 1 0 0
  Francia 0 0 1 2
  Arxentina 0 0 1 0
  Australia 0 0 1 0
  Lituania 0 0 1 0
  Croacia 0 0 0 1

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar