Adam Opel AG (popularmente Opel) é unha empresa alemá que se dedica á fabricación de automóbiles e desde 2021 é unha filial de Stellantis.

Opel
Wir leben autos (Vivimos os coches)

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación21 de xaneiro de 1862
MatrizGeneral Motors
LocalizaciónRüsselsheim, Alemaña Alemaña
FundadorAdam Opel
Persoas claveKarl-Friedrich Stracke, CEO
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil motores
Número de empregados39.958 (31 de decembro de 2011)
Na rede
http://www.opel.com/, https://www.opel.de/ e https://www.opel.no/
Facebook: OpelDE Twitter: Opel Instagram: opelturkiye LinkedIn: opelautomobile Youtube: UCSr5PuKiJ5Zi00zfsiT-7jA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Comezos editar

A empresa foi fundada por Adam Opel na cidade de Rüsselsheim no ano 1862 para fabricar máquinas de coser. En 1886 a empresa comezou a fabricar tamén bicicletas, tendo éxito tamén neste mercado, de xeito que á morte de Adam Opel en 1895 a empresa era a líder na fabricación dos dous produtos no país.

 
Factorías Opel en 2009.

Os fillos de Adam Opel colleron a empresa, e no ano 1899 fabricaron o seu primeiro coche, que non tivo moito éxito. A pesar diso a empresa insistiu, asinando contratos con outras empresas do sector automobilístico para fabricar con licenza modelos alleos. O Opel 4/8 saíu en 1909 e vendeu moitas unidades, a maioría entre o gremio dos médicos, no cal se fixo moi popular. A pesar de que o lume queimou a fábrica en 1911, Opel era en 1914 o maior fabricante de automóbiles de Alemaña.

General Motors editar

O imperio General Motors, admirado polos resultados comerciais de Opel, comprou o 80% da empresa en 1929 e o resto 2 anos despois. A familia Opel acadou coa venda 33'3 millóns de dólares. Unha das primeiras decisións da empresa norteamericana foi crear unha segunda fábrica en Brandeburgo no ano 1935. Ese mesmo ano Opel converteuse na primeira empresa alemá en fabricar 100.000 coches.

En 1939 saíu á rúa o Opel Kapitän, que tivo un enorme éxito, e vendeu 25.374 unidades antes de comezar a segunda guerra mundial. Durante a guerra Opel seguiu fabricando coches con normalidade ata que tamén comezou a fabricar camións e pezas para tanques. En 1945 Opel non fabricou ningunha unidade, e as fabricas foron desfeitas polos exércitos aliados. A factoría de Brandeburgo foi levada a Rusia, e a factoría de Rüsselsheim estaba esnaquizada nun 47%.

Cando remataron os combates, os antigos traballadores da fábrica de Rüsselsheim comezaron a súa reconstrución, e en 1946 saíu á rúa o primeiro novo Opel Blitz, un camión que xa fora fabricado nos anos da guerra. Non obstante, neses anos da posguerra non sempre estivo claro o apoio a longo prazo da GM en Opel, froito das dúbidas que nos Estados Unidos había sobre a recuperación da economía de Alemaña.

Nos anos 50 a crise da empresa rematou, Opel atopou o seu sitio no mercado alemán entre os prezos baixos dos Volkswagen e os prezos altos dos Mercedes-Benz, e en 1953 a empresa fabricaba de novo máis de 100.000 vehículos e xa tiña máis de 20.000 traballadores.

Galería editar

Modelos históricos editar

Modelos actuais editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar