Once (filme)

filme de 2006 dirixido por John Carney

Once é un filme irlandés dirixido por John Carney que se estreou no 2007. Está protagonizado por Glen Hansard e Markéta Irglová que interpretan a dous músicos que se coñecen en Dublín, Irlanda. Hansard e Irglová xa tiñan colaborado xuntos como músicos no grupo Swell Season, e eles compuxeron e interpretaron as cancións orixinais do filme.

Once
Ficha técnica
Título orixinalOnce
DirectorJohn Carney
ProdutorMartina Niland
GuiónJohn Carney
IntérpretesGlen Hansard
Markéta Irglová
MúsicaGlen Hansard
Markéta Irglová
Interference
FotografíaTim Fleming
MontaxePaul Mullen
EstudioBórd Scannán na hÉireann
Samson Films
Summit Entertainment
RTE
DistribuidoraFox Searchlight Pictures
Estrea2007
Duración86 minutos[1]
OrixeIrlanda Irlanda
XéneroMusical, Drama
Orzamento$150 000[2]
Recadación$23 300 000[3]
Na rede
IMDB: tt0907657 Filmaffinity: 726030 Allocine: 125922 Rottentomatoes: m/once Mojo: once Allmovie: vm2173667 TCM: 661309 Metacritic: movie/once TV.com: movies/once Netlix: 70059661Editar o valor em Wikidata

Once estivo varios anos en desenvolvemento no Irish Film Board e tivo un orzamento de €112 000. Foi un éxito comercial, acadando importantes recadacións nos Estados Unidos. Recibiu premios como o premio Spirit ó mellor filme estranxeiro no ano 2007. A canción de Hansard e Irglová "Falling Slowly" gañou o Oscar á mellor canción orixinal, e a banda sonora conseguiu un nomeamento ós Premios Grammy.

Sinopse editar

Glen Hansard interpreta a un cantante e compositor que actúa nas rúas de Dublín, cando non está traballando na tenda do seu pai (Bill Hodnett). Durante o día, para gañar algúns cartos, interpreta temas coñecidos para os transeúntes, pero polas noites, toca os seus propios temas nos que fala de como o deixou a súa moza. O seu talento non pasa desapercibido a unha inmigrante checa (Markéta Irglová) que vende flores na rúa. Ela tampouco tivo sorte no amor e, para sentirse un pouco mellor, escribe cancións sobre o tema, pero, a diferenza de Glen, nunca as interpreta en público. Os dous acaban de improviso facendo un dueto nunha tenda de música, e será entón cando descubran que hai algo os une.

Personaxes editar

 
Os protagonistas do filme, Glen Hansard e Markéta Irglová
  • Glen Hansard como Guy (non ten nome, nos créditos como Guy), un guitarrista canta nas rúas de Dublín.
  • Markéta Irglová como Girl (nos créditos como Girl), un rapaza checa que toca o piano.
  • Bill Hodnett como O pai do rapaz, que ten unha tenda de reparación de aspiradoras.
  • Danuse Ktrestova como A nai da rapaza.
  • Geoff Minogue como O representante.
  • Kate Haugh como Ivonka, a filla da rapaza.
  • Hugh Walsh como Timmy, o batería.
  • Alaistair Foley como O baixista.
  • Gerard Hendrick como O guitarrista solista.
  • Sean Miller como o banqueiro.
  • Marcella Plunkett a Ex-moza do rapaz.
  • Senan Haugh como O marido da rapaza.

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification (ed.). "ONCE- British Board of Film Classification". 
  2. boxofficemojo.com (ed.). "Once (2007) - Box Office Mojo". 
  3. The Numbers, ed. (20 de decembro de 2007). "Once (2007)". Consultado o 4 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar