Onésimo, bispo de Bizancio


Onésimo, finado cara ao 90 ou 95, tamén chamado Onésimo de Bizancio e O Sagrado Apóstolo Onésimo nalgunhas igrexas ortodoxas, foi un mártir do cristianismo.

Infotaula de personaOnésimo, bispo de Bizancio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor em Wikidata
Colosas Editar o valor em Wikidata
Morte68 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteLapidación Editar o valor em Wikidata
Patriarca de Constantinopla
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de febreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi un servente de Filemón, personaxe importante e influente de Colosas de Frixia, convertido ao cristianismo por Paulo de Tarso. Onésimo cando fuxía da xustiza, por lle ter roubado ao seu amo; atopouse con Paulo, quen se achaba entón prisioneiro en Roma. O Apóstolo converteuno ao Cristianismo, bautizouno e enviouno á casa de Filemón cunha carta de recomendación, que dicía o seguinte:

Suplícoche en favor do meu fillo Onésimo, ao que xerei na prisión. Antes, el non te prestou ningunha utilidade, pero agora serache moi útil, como o é para min. Envíocho coma se fose eu mesmo. Con gusto reteríao á miña beira, para que me servise no teu nome mentres estou prisioneiro a causa do Evanxeo. Pero non quixen realizar nada sen o teu consentimento, para que o beneficio que me fas non sexa forzado, senón voluntario. Talvez, el apartouse de ti por un instante, a fin de que o recuperes para sempre, non xa como un escravo, senón como algo moito mellor, como un irmán querido. Se é tan querido para min, canto máis serao para ti, que estás unido a el por lazos humanos e no Señor. Carta A Filemón

Segundo parece, Filemón perdoou e concedeulle a liberdade a Onésimo por se ter arrepentido, e mandouno a reunirse de novo con Paulo. Segundo conta Xerome de Estridón, Onésimo volveuse un predicador cristián e logo chegou a bispo de Éfeso por orde do Apóstolo Paulo. Posteriormente, Onésimo foi apresado e levado a Roma, onde morreu lapidado.

Venerado como Santo, a súa festa é o 15 de febreiro na Igrexa Católica.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Estacio
 Bispo de Bizancio 
54 - 68
Sucesor:
Policarpo I