Ómicron

letra do alfabeto grego
(Redirección desde «Omicrón»)

Nome da décimo quinta letra do alfabeto grego (ὂ μικρόν); equivale ao /o/, o breve. Minúscula ο, maiúscula Ο. Adoita transcribirse como o. Provén da letra do alfabeto fenicio ‘Ayin, que representa unha fricativa laringal sonora, da que carece o grego, podéndose, xa que logo, aproveitar o signo para a vogal /o/, dado que o fenicio non notaba as vogais. Como signo numérico representaba o setenta. En maiúscula serve tamén para designar o décimo quinto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo quinto da Odisea.

Maiúscula e minúscula da letra omicrón.

Véxase tamén editar