Olimpio Liste Naveira

mestre, inspector e político galego

Olimpio Liste Naveira, nado en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1899[1] e finado en Ventosa (Agolada) o 16 de outubro de 1986,[2] foi un mestre, inspector e político galego.

Infotaula de personaOlimpio Liste Naveira
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1899 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1986 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Ventosa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosOlimpio Liste Regueiro Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Liste Naveira Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo os estudos de mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela rematándoos en 1919.[3] En 1934 era presidente da sección de Información, Prensa e Propaganda da Casa del Maestro de Pontevedra. Foi inspector de ensino primario da provincia de Pontevedra e logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desempeñou o posto de sarxento da Guardia Cívica mandada por Víctor Lis Quibén e foi secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio dende marzo de 1937.[4] Foi presidente da Asociación de Maestros Católicos. Formou parte do grupo que visitou Italia en 1938 para estudar o modelo educativo do goberno fascista de Mussolini. Foi inspector xefe de educación de Pontevedra e director do Boletín de Educación. Foi militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e xefe de centuria nas milicias da organización, e concelleiro de Pontevedra.[5]

Vida persoal editar

Casou con Mercedes Regueiro Ramos e foi pai de Olimpio Liste Regueiro. Casou en segundas nupcias con Cesarina Coego García.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 30dataacceso=. 
  2. La Voz de Galicia, 17-10-1986, p. 57.
  3. El Correo de Galicia, 12-6-1919, p. 2.
  4. Depuración no maxisterio
  5. Comisión depuradora do maxisterio (1)