Olga Tañón

cantante portorriqueña

Olga Teresa Tañón Ortiz, nada no barrio de Santurce (San Xoán de Porto Rico) o 13 de abril de 1967 e coñecida artisticamente como Olga Tañón, é unha cantautora portorriqueña-estadounidense de merengue e pop latino. Gañou o Premio Grammy en dúas ocasións, catro veces o Grammy Latino e 31 veces gañadora de Premios Lo Nuestro. En 2014 formou parte do xurado do programa Yo soy el artista de Telemundo en EUA. Durante a súa carreira vendeu máis de 5 millóns de copias no mundo.

Infotaula de personaOlga Tañón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Olga Teresa Tañón Ortíz Editar o valor em Wikidata
13 de abril de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santurce, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsica , compositora , cantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMerengue Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Music Latina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0853418 Facebook: Olgatanonoficial Twitter: OLGATANON1313 Musicbrainz: 368e6707-d17c-4f06-97e2-cca841afd52f Songkick: 34086 Discogs: 630180 Allmusic: mn0000466442 Genius: Olga-tanon Editar o valor em Wikidata

Debido á súa afinidade con Venezuela, a artista declarou en moitas ocasións ser "unha portorriqueña orgullosamente venezolana". O 20 de maio Venezuela e Venevisión conmemoran simbolicamente o Día de Olga Tañón. En 2012 Olga escribiu "Que bonita eres", unha homenaxe musical a Venezuela en demostración da súa gratitude ao país adoptivo. En 2017 editou unha parte da canción debido ás protestas que houbo no país contra o goberno de Nicolás Maduro.

Traxectoria editar

Moi nova mostrou a súa vocación e inclinación polo canto, así como a súa habilidade innata para a representación escénica non só da música da súa terra. De feito, é considerada unha das máis xenuínas intérpretes do merengue dominicano.

Olga é a menor dos catro fillos de José Tañón e Carmen Gloria Ortiz. Xunto cos seus irmáns Glori, Junior e Marie, proceden dunha familia de modestos recursos financeiros, da localidade de Levittown, Municipio Toa Baja, San Xoán, Porto Rico.

Primeiros pasos editar

Coa súa voz de mezzosoprano, amais tomou clases de baile con Yonito Betancourt. Trala morte deste e grazas ás súas recomendacións axiña tivo a oportunidade de incursionar con grupos de artistas novos. Chegou a formar parte da agrupación Las nenas de Ringo y Jossie, coa que logrou os seus primeiros éxitos. Máis adiante formou parte do grupo feminino Chantelle, xunto con Sandra Torres e Daly Fontánez.

Olga Tañón, con habilidades non só para o canto, senón tamén para o baile,,interpreta gran variedade de xéneros musicais, desde a balada pop ao merengue e desde a salsa ao boogaloo. En 1992 recibiu os seus primeiros galardóns como solista; foi recoñecida como Revelación Tropical en Premios Aplausos e obtivo un premio TV e Novelas. A esas seguíronas numerosas distincións máis, tanto en Porto Rico como no estranxeiro.

Solista editar

Tivo a súa primeira oportunidade coa discográfica 'WEA Latino'. O seu primeiro traballo, Sola (1992) está predominantemente integrado por merengues dominicanos. O ano seguinte publicou Mujer de fuego, similar ao anterior, con temas como Muchacho malo e Presencié tu amor. Siente el amor, o seu terceiro álbum (1994), inclúe entre outros, o tema Es mentiroso. Os tres álbums valéronlle tres Discos de Platino.

Na mesma década dos 90, logo de recibir innumerábeis críticas na súa procura de adaptar o seu estilo a outros xéneros tropicais (ademais do merengue), logra o seu obxectivo co álbum Nuevos senderos (1996). Este álbum inclúe temas mexicanos e baladas do xénero popular latino de Marco Antonio Solís. O 27 de outubro de 1998, co produtor Kike Santander, lanzou un novo álbum, Te acordarás de mí. A este seguírono Yo por ti, publicado o 17 de xullo de 2001 e Sobrevivir en 2002.

Os seus traballos en gravacións en vídeo, como Éxitos en vídeo (2002), A puro fuego (2003) e Como olvidar (2005), permitiron que se establecese en 2005 co álbum Una nueva mujer. A súa canción Hielo y Fuego foi o tema central da teleserie chilena Sabor a ti de Canal 13 en 2000.

Actividade profesional editar

Durante 2008 colaborou con Yanni no seu proxecto Voces, xunto con outros artistas como Alejandro Sanz, Luis Miguel, José José, Lucero, Cristian Castro, Ender Thomas e José Feliciano.[1]

Olga Tañón actuou na segunda edición de Paz sen fronteiras, realizada na Praza da Revolución da Habana o domingo 20 de setembro de 2009, convocada por Juanes. Olga cantou xunto a outras voces consagradas, entre elas, Miguel Bosé, Carlos Varela, Danny Rivera, Noel Schajris, Banda El Recodo, Montez de Durango, Los Horóscopos de Durango, Amaury Pérez, Silvio Rodríguez o Juan Formell.[2] Participou como xurado na sétima temporada do concurso musical mexicano La Academia.[3]

En 2010 formou parte do supergrupo Artists for Haiti, co que gravou "Somos el mundo", unha versión en español da canción "We are the world". A recadación foi destinada a axuda humanitaria para as vítimas do terremoto de Haití dese ano.

En 2020 colaborou con Abraham Velázquez e Alex Zurdo en «Todo pasará», unha canción de esperanza no medio da pandemia mundial de COVID-19.[4][5] O sinxelo logrou situarse na posición 15 da Latin Pop Airplay de Billboard.[6] Ademais recibiu un nomeamento como "Mellor vídeo cristián" nos Videoclips Awards da República Dominicana.[7]

En 2021 recibiu unha homenaxe xunto a outras artistas na música no evento "La música a través de ellas", da Academia Latina de la Grabación.[8] Ese mesmo ano Olga lanzou a súa décimo quinta produción, Senderos de Amor, un disco influenciado polo xénero rexional mexicano.[9]

Discografía editar

Ano Álbum
1992 Sola
1993 Mujer De Fuego
1994 Siente El Amor...
1995 Éxitos y Más
1996 Nuevos senderos
1999 Llévame contigo
1998 Te acordarás de mí
1999 Olga Viva, Viva Olga
2000 Yo por ti
2002 Sobrevivir
2003 A Puro Fuego
2005 Cómo Olvidar... Lo Mejor De Olga Tañón
2005 Una Nueva Mujer
2006 Una Nueva Mujer Edición Especial CD/DVD
2006 100% Merengue
2006 Soy como tú
2007 Éxitos en 2 Tiempos
2008 Fuego en Vivo Vol. 1 Sólo Éxitos
2008 Fuego en Vivo Vol. 2 Sólo Éxitos
2009 4/13
2011 Ni Una Lágrima Más
2013 Una Mujer
2017 Olga Tañon y Punto
2021 Senderos de Amor

Premios editar

Latin Billboard Music Awards editar

  • 2010 – Tropical Airplay Song of the Year
  • 2010 – Tropical Airplay Artist of the Year
  • 2010 – Tropical Album of the Year
  • 2010 – Tropical Album Artist of the Year, Solo
  • 2009 – Tropical Album of the Year
  • 2008 – Tropical Album of the Year, Female
  • 2007 – Tropical Album of the Year, Female
  • 2004 – Tropical/Salsa Airplay Track of the Year
  • 2003 – Tropical Álbum of the Year, Female
  • 2002 – Tropical/Salsa Álbum of the Year, Female
  • 2002 – Tropical Airplay Track of the Year
  • 2002 – Tropical Airplay Track of the Year

Grammy Awards e Latin Grammy editar

  • Olga Tañon y Punto (2017 Latin GRAMMY Award Best Tropical Fusion Album)
  • Una Nueva Mujer (2006 Latin GRAMMY Award Best Contemporary Tropical Album)
  • Sobrevivir (2003 Latin GRAMMY Award Best Female Pop Vocal Album)
  • Yo por ti (2002 Latin GRAMMY Award Best Merengue Album)
  • Yo Por Ti (2002 GRAMMY Award Best Merengue Album)
  • Olga Viva, Viva Olga (2001 GRAMMY Award Best Merengue Album)

Premios Lo Nuestro editar

  • 2014
    • Premio Lo Nuestro: Tropical - Artista Femenino Del Año
    • Premio Lo Nuestro: Tropical - Artista Merengue Del Año
  • 2013
    • Premio Lo Nuestro: Tropical - Artista Femenino del Año
  • 2012
    • Premio Lo Nuestro: Tropical - Artista Femenino del Año
  • 2011
    • Premio Lo Nuestro: Tropical - Artista Femenino del Año
  • 2009
    • Premio Lo Nuestro: Artista Femenina del Año (Tropical)
    • Premio Lo Nuestro: Artista Tropical Merengue del Año
  • 2008
    • Premio Lo Nuestro a la Trayectoria (20 anos de carreira artística)
  • 2002
    • Álbum Tropical de Año (Yo Por Ti)
    • Artista Tropical Femenina del Año
    • Canción Tropical del Año (Cómo Olvidar)
    • Mellor interpretación de Merengue
    • Voto Popular
  • 1993
    • Premios Lo Nuestro: Cantante Tropical del Año

Premios Texas editar

  • 2009
    • Premios Texas: Homenaje a su Trayectoria Musical
    • Premios Texas: Mellor Vocal Femenina
    • Premios Texas: Mellor Artista Tropical

Festival de la Orquídea editar

  • Festival de la Orquídea: primera Orquídea de Uranio 2008
  • Festival de la Orquídea: Orquídea de dobre diamante 2006
  • Festival de la Orquídea - Orquídea de Diamante, Primera Mujer en la historia en ganar tal galardón. 2001

Barquisimeto Top Festival editar

  • Galardón Dobre Platino 2008

Premios ASCAP editar

  • Premio ASCAP: Mellor Composición Tropical por Flaca o Gordita 2008
  • Premio Ascap: Presencié Tu Amor 1993

Premios TV y Novelas editar

  • Premios TV y Novelas: Cantante Tropical 1993
  • Premios TV y Novela: Revelación Tropical 1992

Premios Tu Música editar

  • Premios Tu Música: Mellor Gravación de Merengue 1994
  • Premios Tu Música: Mellor Intérprete Feminina 1994

Outros recoñecementos editar

  • Premio Orgullosamente Latino: Solista Latina do Ano 2007
  • Premio de la Gente: Artista Tropical do ano 2007
  • Premios Ritmo Latino - Cantante Tropical do Ano 2002
  • Columbia House - Mellor Gravación Artista Feminina 2002
  • Premios Cassandra: Agrupación Extranjera Destacada en el País 1998
  • Revista Artistas: Cantante de Merengue más destacada 1997
  • Premios Tu Música: Mellor Produción Musical 1996
  • Premios Farándula: Álbum del Año Siente el Amor 1995
  • Revista Teve Guía: El Rostro Más de la Televisión Puertorriqueña 1994
  • Asociación Cronistas de Espectáculos de Nueva York: Premio Ace: Revelecion Tropical Femenina 1994
  • Premios Aqueybana: Mellor Orquesta del Año
  • Premios Aplausos 1992

Telenovelas editar

Notas editar

  1. "Cantará Olga Tañón en clausura del proyecto “Voces” en Acapulco". Excelsior California (en castelán). 2008-11-11. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  2. González, Ángela. "Olga Tañón lanza nuevo disco, 'Fuego en vivo'". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2022. Consultado o 2021-08-20. 
  3. Nacional, El. "Nace Olga Tañón, cantante de merengue, pop latino y ganadora de Grammy" (en castelán). Consultado o 2021-08-20. 
  4. Yonel, Luther. "Olga Tañón, Abraham Velazquez y Alex Zurdo declaran que «Todo Pasará»" (en indonesio). Consultado o 2021-08-20. 
  5. Feijoo, Bolivar. "Olga Tañón lleva al mundo un mensaje de esperanza con su más reciente sencillo | Wow La Revista" (en inglés). Consultado o 2021-08-20. 
  6. "Abraham Velazquez". Consultado o 2021-08-17. 
  7. Nacional, El. "Anuncian nominados Premios Videoclip Awards" (en castelán). Consultado o 2021-08-20. 
  8. "Latin GRAMMY® Celebra Ellas y Su Música el primer especial de dos horas se trasmitirá el domingo, 9 de mayo a las 8p/7c por Univision" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2022. Consultado o 2021-08-20. 
  9. PERÚ, NOTICIAS EL COMERCIO (2021-05-07). "Olga Tañón lanza “Senderos de Amor”, nuevo disco de influencias mexicanas YouTube Video nndc | LUCES" (en castelán). Consultado o 2021-08-20. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar