Olegario Collazo Lago

sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego

Olegario Collazo Lago, nado en Vigo en 1914 e finado en San Xoán do Monte o 19 de abril de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaOlegario Collazo Lago
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (22/23 anos)
San Xoán do Monte, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Pardavila. Oficinista. Membro do Sindicato Metalúrxico da CNT de Vigo e das Juventudes Libertarias, das que foi un dos seus fundadores en Vigo en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu ao monte integrándose no grupo de César Rosas Bermúdez e Antonio Iglesias González. O 19 de abril de 1937 foi localizado por unha delación e asasinado xunto con Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas, compañeiros do grupo, en San Xoán do Monte.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar