Planta oleaxinosa

artigo de listas da Wikimedia
(Redirección desde «Oleaxinosa»)

As plantas oleaxinosas ou plantas aceiteiras son vexetais (normalmente cultivos) de cuxa sementes ou froitos pode extraerse aceite, nalgúns casos comestíbel e noutros casos de uso industrial. As oleaxinosas máis sementadas son a soia (Glycine max), o dendeceiro ou palma aceiteira (Elaeis), o cacahuete (Arachis hypogaea), o xirasol (Helianthus annuus), o millo (Zea mays) e o liño (Linum spp.). Cada planta, á su vez, pode ter outros usos económicos, coma o liño, do que se poden extraer fibras téxtiles, fariñas e sementes alimenticias, ou o millo, a soia e o cacahuete, cuxos froitos e sementes tamén se poden comer; no caso das nogueiras (Juglans spp.) pode extraerse tamén a madeira. Outras plantas oleaxinosas son o azafrán bastardo ou cártamo (Carthamus tinctorius), a colza (Brassica napus) (aceite de canola), a oliveira (Olea europaea) a nogueira (Juglans), o rícino (Ricinus communis), o sésamo (Sesamum indicum), a xoxoba (Simmondsia chinensis), o tung (Vernicia fordii), a amendoeira (Prunus dulcis), o arroz (aceite de farelo de arroz) e incluso os bagos de videira.

Sementes de soia, ricas en aceite. O aceite de soia é o de maior produción mundial, seguido do aceite de palma e de colza.
Extracción do aceite de oliva.

O aceite de soia é o de maior produción mundial, seguíndolle o aceite de palma, a colza e o xirasol.

En Galiza cultívanse dende a antigüidade distintas especies oleaxinosas como o millo, o liño ou a nogueira, aínda que ningunha delas para a produción de aceites. A oliveira cultivouse nalgunhas zonas de Galiza para obter aceite, como na Ribeira Sacra ou en Quiroga; os reis católicos impediron que o cultivo da oliveira se xeneralizase para favorecer a produción noutras zonas de España, gravando a actividade a través de altos impostos que obrigaron aos labregos a arrincar todos os pés do país e dedicarse a outros cultivos. Porén nos últimos anos está a medrar a produción de aceite de oliva en Galiza.[1]

Extracción do aceite editar

Os métodos e maquinarias para extraer o aceite presente nos froitos ou sementes, varían de acordo á planta.

Na extracción do aceite das sementes oleaxinosas existen dous sistemas, un mecánico e o outro empregando disolventes. Ambos os dous sistemas requiren que as sementes estean previamente limpas, debulladas, esmagadas, escachadas e moidas.[2]

A extracción mecánica consiste nos pasos a seguir:

  • As sementes xa moidas pasan a un acondicionador onde se obtén unha masa homoxénea;
  • A masa pasa a unha prensa de parafuso, que nun só paso esmaga a masa separando o aceite e deixando unha "torta proteínica";
  • O aceite pasa a unha peneira vibratoria co fin de proceder a unha primeira etapa de filtración de grandes impurezas;
  • O aceite peneirado pasa a un filtro do que se obtén o aceite cru filtrado:
  • A torta proteínica pode xerar un plus de aceite sendo sometida a extracción por disolventes, o pode tamén destinarse a producir alimento equilibrado para animais en forma de pellets.[2]

A extracción por disolventes consiste nos pasos a seguir:

  • As sementes moidas son esmagadas a xeito de rodetes;
  • O rodete pasa a un acondicionador para a súa homoxeneización;
  • O rodete homoxéneo pasa a un muíño onde se desfai en anacos moi finos para facilitar a extracción;
  • O rodete dividido pasa a un extractor, onde é sometido á acción dun disolvente de materias graxas, sendo o hexano o máis utilizado na industria moderna;
  • O disolvente arrastra as graxas a un evaporador onde son separadas, en tanto aquel volve ao extractor;
  • O farelo restante lévase a un separador do disolvente para eliminalo.[2]

Na extracción do aceite de oliva utilízase un muíño de aceite.

Notas editar

  1. http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/20/galicia/1300638851.html Noticia sobre a recuperación da produción oliveira en Galiza
  2. 2,0 2,1 2,2 Extracción do aceite de sementes oleaxinosas Arquivado 21 de maio de 2008 en Wayback Machine., Agroinformación (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar