Oier Sanjurjo Maté
futbolista español
Oier Sanjurjo Maté, nado en Lizarra o 25 de maio de 1986, é un futbolista navarro. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Osasuna.
Oier | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Oier Sanjurjo Maté | ||
Nacemento | 25 de maio de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lizarra | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Osasuna | ||
Número | 15 | ||
Carreira xuvenil | |||
Izarra | |||
Burladés | |||
Osasuna | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2009 | Osasuna B | 99 | (0) |
2008– | Osasuna | 83 | (2) |
2011–2012 | → Celta (cedido) | 33 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse no Osasuna Promesas, filial do equipo navarro, coma lateral dereito. Na tempada 2008/09 debutou co primeiro equipo pero nunca chegou a ter moita continuidade a causa das lesións polo que no verán de 2011 é cedido ao Celta de Vigo, que tiña o obxectivo de ascender a Primeira División Española.
No Celta o técnico Paco Herrera converteuno en defensa central cun moi bo resultado, sendo un dos piares do ascenso do equipo á máxima categoría, o que posibilitou que volvese a Pamplona como titular no CA Osasuna na tempada seguinte, doutra volta no lateral dereito.