Odilon Redon

pintor francés

Bertrand-Jean Redon, coñecido como Odilon Redon, nado en Bordeos o 20 de abril de 1840 e finado en París o 6 de xullo de 1916, foi un pintor e artista gráfico francés, considerado o máis importante dos pintores do Simbolismo, por ser o único que soubo crear unha linguaxe plástica particular e orixinal.

Odilon Redon
Nome completoBertrand Redom
Nacemento20 de abril de 1840 e 22 de abril de 1840
Lugar de nacementoBordeos
Falecemento6 de xullo de 1916
Lugar de falecementoParís
SoterradoBièvres
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Ocupaciónpintor, ilustrador, gravador, escultor, litógrafo, artista gráfico, debuxante e architectural draftsperson
CónxuxeCamille Redon
FillosArï Redon
IrmánsGaston Redon e Ernest Redon
Coñecido porThe Birth of Venus, Les Yeux clos e The Cyclops
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
Musicbrainz: 7cc5d071-c999-4026-8ee7-3b4b390f4592 Discogs: 2238999 WikiTree: Redon-4 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi un colorista moi destacado. A súa arte explora os meandros do pensamento, o aspecto sombrío e esotérico da alma humana, impregnado de mecanismos do soño.

Redon foi un dos membros máis destacados do movemento simbolista, cuxas bases teóricas foron definidas polos manifestos do poeta Stéphane Mallarmé e pola estética romántica. Diferentemente da obra dos seus compañeiros, a súa chegou aos límites da suxestión e da abstracción, e pódese dicir que, tanto formal canto conceptualmente, chegou, de modo visionário, preto da futura vangarda surrealista.

Publicou en vida unha interesante autobiografía onde son evocadas as súas relacións co medio artístico e as ambicións artísticas e espirituais da súa época.