Oberto, Conte di San Bonifacio

Oberto, Conte di San Bonifacio (en galego, Oberto, Conde de San Bonifacio) é unha ópera en dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, elaborado a partir dunha reelaboración dun libreto anterior de Antonio Piazza seguramente chamado Rocester.[1] Foi a primeira ópera estreada de Verdi, composta ao longo dun período de catro anos, e a súa estrea tivo lugar no Teatro alla Scala de Milán o 17 de novembro de 1839 con grande éxito, polo que o empresario do teatro, Bartolomeo Merelli, encargou outras dúas óperas ao xove compositor.[1] Nela pódese apreciar unha grande influencia de Rossini.

Oberto, Conte di San Bonifacio
Oberto, Conde de San Bonifacio
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaTemistocle Solera e Antonio Piazza
Estrea17 de novembro de 1839
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas 30 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Oberto (baixo)
Leonora (soprano)
Riccardo (tenor)
Cuniza (mezzosoprano)
Imelda (mezzosoprano)

Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. con só 4 representacións no período 2005-2010.

Orixe e contexto editar

A historia de Oberto, Conte di San Bonifacio está indiscutiblemente vencellada á primeira composición dunha ópera por parte de Verdi. Mais se ben Oberto foi a súa primeira ópera representada, en realidade foi a segunda que compuxo.

En 1836, Verdi recibiu o encargo dunha ópera, de título Rocester, que tería que ser estreada en Parma. Suponse que concluíu a partitura na primavera de 1838. Non obstante, insatisfeito polo seu traballo, decidiu non entregala para a súa estrea. Daquela propuxéronlle dous novos libretos: Lord Hamilton e Oberto. Verdi decidiu integrar a acción do primeiro no segundo, compoñendo esta nova ópera a partir do material de Rocester. Oberto preséntase, xa que logo, baixo a forma dunha obra híbrida, procedendo unha parte do libreto de Lord Hamilton e parte da música de Rocester.

Representacións editar

Composta durante o inverno de 1837-1838, comezou os ensaios no Teatro alla Scala na primavera de 1839. Verdi estaba moi nervioso porque traballara moito en Oberto e víase impotente ante os acontecementos que lle ían á contra. Bartolomeo Merelli chamouno para falar de estrear a ópera para o outono. Tamén lle ofreceu a súa axuda para mellorar a obra a nivel escénico, e aconselloulle que visitase ao libretista Temistocle Solera. A partir de aquí iniciouse unha próspera relación entre o mestre e o libretista que os levou a colaborar no futuro. Logo das baixas dos solistas inicialmente previstos (entre eles Giuseppina Strepponi) e dalgúns retoques, a ópera estreouse no Teatro alla Scala o 17 de novembro de 1839 con Ignazo Marini, Antonetta Marini, Mary Shaw, Lorenzo Salvi e Marietta Sacchi. Sen poder cualificaca como un triunfo, a ópera recibiu un auténtico éxito de público e de crítica, e pouco a pouco foi representándose en tódolos teatros de Italia.

A factura de Oberto é a dun Verdi herdeiro dos grandes mestres da ópera italiana (as arias seguen, en efecto, a forma convencional denominada «Código Rossini») mais se separa do bel canto e da coloratura.

A estrea británica non tivo lugar ata o 8 de abril de 1965, cando se estreou en forma de concerto no St. Pancras Town Hall.[1] A primeira produción tivo lugar o 17 de febreiro de 1982 no Bloomsbury Theatre de Londres. A estrea americana foi o 18 de febreiro de 1978 no Amato Theatre de Nova York,[1] e a Ópera de San Diego produciu a ópera en marzo de 1985.

A Ópera do Norte presentou Oberto durante as súas tempadas de 1994 e 1995, con John Tomlison tanto dirixindo como cantando o papel principal.[2] A Royal Opera House, Covent Garden, realizou unha representación en forma de concerto en xuño de 1997 con Denyce Graves como Cuniza. Outras tres compañías de ópera tiñan previsto representar a ópera antes do bicentenario do nacemento de Verdi, que tivo lugar en 2013.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 17 de novembro de 1839
Director: Eugenio Cavallini
Oberto, Conde de San Bonifacio bajo Ignazio Marini
Leonora, filla de Oberto soprano Antonietta Marini-Rainieri
Riccardo, Conde de Salinguerra tenor Lorenzo Salvi
Cuniza, prometida de Riccardo mezzosoprano Mary Shaw
Imelda, confidente de Cuniza mezzosoprano Marietta Sacchi
Nobres, damas, serventes, pobo etc.

Argumento editar

Acto I editar

Riccardo, conde de Salinguerra, ha de casar con Cuniza, irmá de Ezzelino, e levar a paz á vila de Bassano. Entra no castelo de Bassano, mais daquela aparece Leonora, a quen tempo atrás traizoara e abandonara, co propósito de impedir o casamento. Acompáñaa o seu pai Oberto, decidido a protexela. Máis tarde, Oberto e a súa filla fanse recibir por Cuniza, a quen Leonora confesa o que sucedeu con Riccardo. Cuniza promételle que a axudará a que se faga xustiza, e logo de conducidr a Oberto a unha sala anexa, fai chamar ao seu prometido. Cuniza móstralle a Leonora, mais o conde sen inmutarse declara que abandonara a rapaza porque lle fora infiel. Mentres Leonora protesta indignada, irrompe Oberto que xura matar a Riccardo logo de lamentar as súas palabras.

Acto II editar

Cuniza, convencida da boa fe de Leonora, confíalle a unha doncela que sacrificará o seu amor para obrigar ao conde de Salinguerra a casar con Leonora. Entrementres Oberto reta a Riccardo a un duelo; Riccardo tenta evitalo mais Oberto comeza a loita. Nese momento aparecen Leonora e Cuniza, e esta última ordena a Riccardo contraer matrimonio con Leonora. Sen facerse notar, Oberto proponlle ao rival que finxa consentir, mais advírtelle de que o esperará nun bosque achegado para continuar a loita. Pouco despois un grupo de cabaleiros sente ruído de espadas que vén do bosque e acoden, mais xusto nese momento Oberto cae ferido de morte. Riccardo, cheo de remordementos, foxe desesperado mentres chega Cuniza e pouco despois Leonora, que descobre o corpo de seu pai. Cuniza consola a Leonora prometéndolle amizade e protección, mais Leonora, sentíndose responsable de todo o ocorrido decide ingresar nun convento para adicarse a unha vida de expiación.

Orquestración editar

A partitura de Verdi prevé o emprego de:

Estrutura editar

  • Sinfonia

Acto I editar

  • 1 Introduzione
    • Coro Di vermiglia amabil luce (Coro) Scena I
  • 2 Aria di Riccardo
    • Cavatina Son fra voi! - Già sorto è il giorno (Riccardo, Coro) Scena I
    • Cabaletta Già parmi udire il fremito (Riccardo, Coro) Scena I
  • 3 Scena e Cavatina di Leonora
    • Scena Ah sgombro è il loco alfin! (Leonora) Scena II
    • Cavatina Sotto il paterno tetto (Leonora) Scena II
    • Cabaletta Oh potessi nel mio core (Leonora) Scena II
  • 4 Scena e Duetto di Leonora e Oberto
    • Scena Oh patria terra, alfin io ti rivedo (Oberto, Leonora) Scena III-IV
    • Duetto Non ti bastò il periglio (Oberto, Leonora) Scena IV
    • Andante del Duetto Del tuo favor soccorrimi (Leonora, Oberto) Scena IV
    • Tempo di mezzo Odi! - In quell'alte torri (Oberto, Leonora) Scena IV
    • Cabaletta Un amplesso ricevi, o pentita (Oberto, Leonora) Scena IV
  • 5 Coro
    • Coro Fidanzata avventurosa (Coro) Scena V
  • 6 Recitativo e Duetto di Cuniza e Riccardo
    • Scena Basta, basta, o fedeli! (Cuniza, Riccardo) Scena VI
    • Duetto Il pensier d'un amore felice (Cuniza, Riccardo) Scena VI
  • 7 Scena e Terzetto
    • Scena Alta cagione adunque (Imelda, Leonora, Cuniza) Scena VII-VIII
    • Terzetto Sono io stesso! A te davanti! (Oberto, Cuniza, Leonora) Scena IX
    • Tempo di mezzo Altra donna!... - Ciel!... chi è dessa? (Oberto, Cuniza, Leonora) Scena IX
    • Andantino Su quella fronte impressa (Oberto, Cuniza, Leonora) Scena IX
    • Cabaletta Ma fia l'estremo, o misera (Cuniza, Oberto, Leonora) Scena IX
  • 8 Finale I
    • Finale I A me gli amici! - Mira! - Io gelo! avvampo d'ira! (Cuniza, Riccardo, Leonora, Oberto, Coro) Scena IX-X
    • Canone A quell'aspetto un fremito (Coro, Oberto) Scena X
    • Seguito e stretta del Finale I Non basta una vittima (Oberto, Riccardo, Leonora, Cuniza, Imelda, Coro) Scena X

Acto II editar

  • 9 Coro, Recitativo e Aria di Cuniza
    • Coro Infelice! Nel core tradito (Coro) Scena I
    • Recitativo A te Riccardo favellar desìa (Imelda, Cuniza) Scena I
    • Aria Oh chi torna l'ardente pensiero (Cuniza) Scena I
    • Tempo di mezzo Dunque imponi... (Imelda, Cuniza) Scena I
    • Cabaletta con coro Più che i vezzi e lo splendore (Cuniza, Coro) Scena I
  • 10 Coro
    • Coro Dov'è l'astro che nel cielo (Coro di Cavalieri) Scena II
  • 11 Recitativo e Aria di Oberto
    • Recitativo Ei tarda ancor!... (Oberto) Scena III
    • Aria L'orror del tradimento (Oberto) Scena III
    • Tempo di mezzo Oberto! Oberto! - Qual lieto grido! (Coro, Oberto) Scena III
    • Cabaletta Ma tu, superbo giovane (Oberto) Scena III
  • 12 Recitativo, Scena e Quartetto
    • Recitativo Eccolo!... è desso! (Oberto, Riccardo) Scena III-IV
    • Quartetto Vili all'armi! a donne eroi (Oberto, Riccardo, Leonora, Cuniza) Scena IV-V
    • Tempo di mezzo Conte, lo vedi, orribile (Cuniza, Riccardo, Leonora, Oberto) Scena V
    • Cabaletta Ah Riccardo, se a misera amante (Leonora, Riccardo, Oberto, Cuniza) Scena V
  • 13 Coro
    • Coro Li vedeste? - Ah sì! la mano (Coro di Cavalieri) Scena VI
  • 14 Romanza di Riccardo
    • Romanza Ciel, che feci!... di qual sangue (Riccardo) Scena VII
  • 15 Scena e Rondò Finale
    • Scena Dove son?... li cerco invano! (Cuniza, Imelda, Coro) Scena VIII
    • Adagio Vieni, o misera (Cuniza, Coro) Scena IX
    • Scena Tutto ho perduto!... tutto! (Leonora, Coro) Scena IX
    • Rondò finale Sciagurata! a questo lido (Leonora, Coro) Scena IX-X

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Holden, p. 977
  2. Leeks, Stuart (ed): "Opera North @ 25", 2003, pág. 82, Opera North, Leeds.

Véxase tamén editar