O planeta dos simios

novela de Pierre Boulle

O planeta dos simios (en francés: La Planète des singes) é unha novela francesa de ciencia ficción de 1963 escrita por Pierre Boulle. A novela foi adaptada nun filme estadounidense, O planeta dos simios, estreado en 1968, o cal foi o xerme de toda unha franquía e varias secuelas cinematográficas.[1] A novela conta a historia de tres exploradores humanos orixinarios da Terra que visitan un planeta que orbita a estrela Betelgeuse, no cal os simios son a especie dominante, civilizada e intelixente, mentres que os humanos están nun estado de salvaxismo case animal.

O planeta dos simios
Título orixinalLa Planète des singes
Autor/aPierre Boulle
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia Le cercle du nouveau livre
Galicia Faktoría K (Kalandraka)
Data de pub.Francia 1963
Galicia 2019
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas272 (gl)
ISBNISBN 978-84-16721-43-6 (gl)
TraduciónAntía Veres
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Antía Veres Xesto e foi publicado polo selo editorial Faktoría K de Kalandraka no ano 2019.[2]

Notas editar

  1. Ulin, David L. (14 de xullo de 2014). "The transformation of 'Planet of the Apes,' from book to movie legend". LA Times. Consultado o 28 de febreiro de 2016. 
  2. Redacción (6 de xuño de 2019). Sermos Galiza, ed. "Os simios dominarán o mundo. A distopía clásica de Boulle, en galego". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar