O parrulo feo (orixinalmente en dinamarqués: Den grimme Ælling) é un conto clásico-contemporáneo escrito por Hans Christian Andersen sobre un parrulo particularmente máis grande, torpe e laido ca seus irmáns. O conto foi publicado por vez primeira o 11 de novembro de 1843, e foi incluído na colección de Novos Contos (Nye Eventyr) de Andersen en 1844.

O parrulo feo
Ilustración de Vilhelm Pedersen (1820 - 1859), o primeiro ilustrador de Andersen.
Título orixinalDen grimme Ælling
Autor/aHans Christian Andersen
Ilustrador/aVilhelm Pedersen
CubertaVilhelm Pedersen
OrixeDinamarca
LinguaLingua dinamarquesa
ColecciónNye Eventyr (Novos contos)
Tema(s)conto, fábula
Xénero(s)Conto de fadas, literatura infantil
Data de pub.8 de novembro de 1843,
editar datos en Wikidata ]

O conto O parrulo feo é o n.º 25 da colección de Andersen.

Enredo editar

A vida do parruliño comeza cando por erro vai dar un ovo de cisne a unha granxa de parrulos, ao naceren as diferenzas entre os seus "irmáns" é evidente, o cisne é desproporcionado respecto dos agraciados parrulos, todos na granxa mofábanse del. Cando trata de partillar con seus "irmáns" estes rexéitano dicíndolle o laido que é, incluso a nai do parrulo, ofende e repúdiao. A vida do pequeno cisne faise miserábel e desgraciada.

Un día, estando a chorar no encoro, o reflexo da súa imaxe na auga distorsiona aínda máis a súa figura, polo que o seu pranto é máis triste. Nese intre, unha mamá cisne pasa por aí xunto as súas crías e ouve chorar desconsoladamente ao cativo cisne, achégase e énchese de tenrura e invítao a se unir ás súas crías; o "parrulo feo" ao ver a seus novos irmáns decátase que non é un parrulo como el cría; senón unha ave que se ha converter algún día nun fermoso cisne.

Entón o cisne que fora o "parrulo feo" marcha coa súa nova familia perante os ollos descridos da familia de parrulos que o rexeitara. Non sen antes saudar de novo á súa nai.

Análise editar

Este conto, coa súa graciosa parodia da autoestima humana, considérase unha metáfora da experiencia da incómoda etapa no crecemento dun rapaz. Como conto de fadas, é utilizado para facer que os nenos se sintan menos avergoñados sobre as súas diferenzas. A moral da historia está oculta no conto: Pouco importa que se naza no curral dos parrulos, sempre que un saia dun ovo de cisne. Un exemplo da vida real sería un rapaz ou unha rapariga que actúe diferente aos demais rapaces e raparigas arredor del ou dela. O conto de fadas trae a esperanza de que esas diferenzas resultarán en beneficios especiais e un futuro brillante:

«Rizou logo as súas ás, ergueu o esvelto pescozo e alegrouse desde o fondo do seu corazón, xamais soñara que podería ter tanta ledicia, daquela en que só era un parruliño feo.»

O parrulo feo converteuse nunha metáfora que se usa para calquera cousa que ao principio non se tomaba en conta mais que despois faise popular ou mellor. Por exemplo: "É incríbel que sexa o mellor estudante! Antes só obtiña cualificacións baixas; era o parrulo feo da clase.»

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar