O mundo de Beakman

O mundo de Beakman (en inglés: Beakman's World) foi un programa de televisión educativo baseado na tira cómica You Can with Beakman and Jax, creado por Jok R. Church e producido por ELP Communications, Columbia Pictures Television e Columbia TriStar Television Distribution.

O mundo de Beakman

Editar o valor em Wikidata
Tamén coñecido comoBeakman's World
Creado porJok Church
IntérpretesPaul Zaloom
Mark Ritts
Alanna Ubach
Eliza Schneider
Senta Moses
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)inglés
Temporadas4
Episodios91
Produción
Duración22 minutos
Emisión orixinal
Primeiro episodio12 de setembro de 1992
Derradeiro episodio6 de decembro de 1997
Na rede
IMDB: tt0106367 Filmaffinity: 165173 TV.com: shows/beakmans-world Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Paul Zaloom caracterizado como Beakman.

A primeira aparición tivo lugar en setembro de 1992, na canle The Learning Channel (TLC) e a nivel nacional en 225 emisoras. O 18 de setembro de 1993 trasladouse ó horario infantil matutino da CBS. No cume da súa popularidade, era visto en 90 países arredor do mundo. A serie foi cancelada a mediados de 1998. O mundo de Beakman gañou máis de 25 grandes premios[1].

O programa protagonizado por Paul Zaloom como Beakman, un científico excéntrico que fai experimentos cómicos e demostracións, ás veces a petición escrita dos televidentes, para ilustrar os conceptos básicos da ciencia, coma a densidade ou a electricidade.

Durante anos, Beakman foi axudado nos seus experimentos por unha muller. De 1993 a 1994, foi Josie (Alanna Ubach); de 1994 a 1995 Liza (Eliza Schneider); de 1995 a 1996 Phoebe (Senta Moses). Beakman tamén estivo acompañado nos seus programas por Lester "a Rata" (Mark Ritts). No episodio piloto, Lester era un monicreque, pero a partir daquela foi un home disfrazado de rata. Algunhas veces Lester resistíase a axudar a Beakman nos experimentos, pero este persuadíao prometéndolle comida. A actriz Jean Stapleton tamén apareceu no show facendo o papel da nai do científico.

Unha das frases características de Beakman era: "¡Bada bing, bada bang, bada imos alá!".

Tanto ao comezo coma ó final do programa, e ás veces antes e despois da publicidade intermedia, inseríanse escenas de dous pingüíns, Don (con voz de Bert Berdis) e Herb (con voz de Alan Barzman), no Polo Sur, vendo O mundo de Beakman pola televisión. Mark Ritts (Lester) tamén foi un dos titiriteros que manexaba ós pingüíns.

Dobraxe editar

Personaxe Inglés Galego
Beakman Paul Zaloom ?Josè Antonio Jiménez
Lester Mark Ritts César Cambeiro
Josie Alana Ubach ?
Liza Eliza Schneider Luz Tellería
Phoebe Senta Moses ?
Pingüín Don Bert Berdis ?
Pingüín Herb Alan Barzman ?

Episodios editar

A serie tivo un total de 5 temporadas[2], desde 1993 a 1998.

Emisións editar

En Galicia, foi retransmitido orixinalmente pola TVG (emitiuse dentro do programa infantil Xabarín Club cando este se creou, pero xa fora estrado na canle anteriormente), igual que ocorreu noutras comunidades autónomas, onde se podía ver polas correspondentes autonómicas (TV3, Telemadrid, Canal 9, Canal Sur e ETB). En 2006, Cuatro, recuperou a serie os sábados e domingos a partir das 8 menos cuarto da mañá, dentro do espazo Cuatrosfera.

Notas editar

  1. "Beakman Brochure" Arquivado 13 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine., PDF cun resumo da serie en www.paulzaloom.com (en inglés)
  2. Lista incompleta de episodios por tempada, en www.geocities.com (en inglés).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar