O monstro de cores

O monstro de cores é un álbum ilustrado por Anna Llenas (Barcelona, 1977) comezou unha carreira máis persoal e artística para escribir e ilustrar libros con moito éxito, deixando de lado o mundo da publicidade para o que se formara. Ó álbum foi publicado pola  Editorial Flamboyant en 2012. É o máis vendido da literatura infantil e xuvenil.[cando?]

O monstro de cores
Autor/aAnna Llenas
OrixeEspaña
Editorialsen etiquetar
Data de pub.outubro de 2012
editar datos en Wikidata ]

formato da obra editar

A autora desta obra é Anna Llenas. É un álbum ilustrado de formato cadrado sen cantos redondeados e cuberta dura. As ilustracións son dun estilo elaborado, onde a autora e ilustradora fai uso do collage con materiais reciclados. Trátase dunha técnica con máis volume, non tan plana, pero sempre mantendo a simplicidade das formas.

No interior do libro preséntanse ilustracións acompañadas de pequenos textos, algo moi característico da autora. Cada emoción vai acompañada dunha ilustración, as mesmas ocupan as dúas páxinas.

Trama editar

Neste álbum preséntanse de forma sinxela as emocións a través dun xogo de cores que a autora e ilustradora usa para distinguir cada emoción.

O que a autora reflicte neste libro é unha pregunta sinxela: sabemos distinguir as nosas emocións? O monstro de cores non sabe o que lle pasa. As súas emocións convertéronse nunha desorde e agora tócalle saber entendelas e poñelas en orde. Ás veces o monstro, sentía rabia e medo ou rabia e tristeza pero tamén podía sentir calma e alegría ou todo a vez.  

Un bo día, o monstro atopouse cunha nena e sentiu unha emoción da que aínda non oíra falar. A nena axudarao a parar ás emocións e saber entendelas. Deste xeito poderá distinguir que cada fío tiña unha cor e que cada cor pertencía a unha emoción diferente. Será capaz de poñerlle un nome a cada cousa e cada cousa no seu sitio, polo tanto entender o que sentía en cada momento. Finalmente, o monstro vólvese de cor rosa. Ao final da obra aparece o monstro pintando na cor do amor, rosa.

Potencialidades editar

Con este libro trabállanse as emocións de tal xeito que os nenos poidan xestionalas desde ben pequenos e traballar con eles a intelixencia emocional.

Este álbum ilustrado ensina a tomar conciencia da existencia das emocións; identifica ás mesmas: alegría, tristeza, rabia o enfado, medo e calma, a coñecer a definición de cada unha das emocións, saber cales son as principais manifestacións de cada emoción, recoñecer como se senten cando teñen cada unha das emocións e aprender a xestionar e manexar as emocións dunha maneira exitosa.

O fondo do texto é branco, sempre axuda aos mais pequenos a centrar á atención nos debuxos e a que se manteñan concentrados no libro. Conta con ilustracións moi rechamantes que asemellan os debuxos feitos por un neno, o que axuda a atraer a súa atención.

O texto, baseado nas diversas situacións dos estados de ánimo, complementa as ilustracións, que reflicten perfectamente unha historia sobre as emocións, non só ó enfrontarse solo as elas, senón tamén a de pedir axuda.

Fai reflexionar os nenos/as sobre como a través das emocións podemos canalizar, como nos podemos sentir e saber afrontalos e coñecernos máis a nós mesmos.

A obra foi traducida a moitos idiomas como  castelán, catalán, éuscaro e galego.

Bibliografía editar

Llenas, Ana (2015), O monstro das cores, ilust. Anna Llenas, trad. Okodia­ – grupo tradutor, Editorial Flamboyant, (de 3 a 6 anos), [48 pp.]. (ISBN 9788494157882).

Ligazóns externas editar