O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo

filme de 2001 dirixido por Kenji Kodama

O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo (名探偵コナン 天国へのカウントダウン Tengoku no Kauntodaun?, literalmente Conta atrás cara ao paraíso) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.

O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo
Ficha técnica
Título orixinal名探偵コナン 天国へのカウントダウン
DirectorKanetsugu Kodama
GuiónGosho Aoyama
Kazunari Kochi
MúsicaKatsuo Ono
Mai Kuraki
EstudioTMS
DistribuidoraArait Multimedia (Galicia)
Estrea 21 de abril de 2001
Galicia 31 de decembro de 2012 (TVG)
Duración105 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorO detective Conan: Engaiolado nos seus ollos
Filme seguinteO detective Conan: A pantasma de Baker Street
Na rede
IMDB: tt1073223 Filmaffinity: 286861 Allocine: 171677 Rottentomatoes: m/meitantei_conan_tengoku_no_countdown_detective_conan_count_down_to_heaven Allmovie: v504547 Netlix: 70128058Editar o valor em Wikidata

En galego, estreouse na TVG o 31 de decembro do 2012.

Sinopse editar

Cando non hai tempo de fuxir... Serías quen de salvar a persoa que amas?

Desta volta, o escenario desta quinta película sitúase no alto dunhas torres xemelgas, deseñadas por un aprendiz de Teiji Moriya, que apareceu no primeiro filme.

De camiño de volta dunha acampada, o noso heroe o detective Conan e os seus amigos paran diante das torres xemelgas que están a piques de seren inauguradas. Alí, atópanse con Ran, a súa amiga Sonoko e o seu pai, o detective Mouri. Tamén coñecen unha fermosa muller chamada Mio Tokiwa, a propietaria dos rañaceos, e outra xente sospeitosa que parece ter intencións macabras.

No momento no que acontece o primeiro asasinato, un Porsche de cor negra aparece. Un dos Homes de Negro, que obrigou a Shinichi a beber o bebedizo que o fixo encoller, condúceo. Malia o asasinato, a atractiva Tokiwa insiste en celebrar unha cerimonia para festexar a apertura das torres. Agora, os asasinatos en serie estarán a piques de empezar, a unha altura de 300 metros desde o chan. Poderá Conan fuxir desde o andar que está máis achegado ao ceo?

Dobraxe editar

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2012.
  • Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
 
Conan Edogawa Teresa Santamaría Minami Takayama
Shinichi Kudo Gaspar Somoza Kappei Yamaguchi
Ran Mouri Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Kogoro Mouri Matías Brea Akira Kamiya
Hiroshi Agasa Paco Barreiro Kenichi Ogata
Inspector Megure Alfonso Valiño Furin Cha
Genta Kojima Antón Rey Wataru Takagi
Mitsuhiko Tsuburaya Montse Davila Ikue Otani
Ayumi Yoshida Marián Muíño Yukiko Iwai
Sonoko Suzuki Nora Abad Naoko Matsui
Inspector Shiratori César Cambeiro Kazuhiko Inoue
Ai Haibara Chelo Díaz Megumi Hayashibara
Chinami Sawaguchi Xermana Carballido Aya Hisakawa
Yoshiaki Hara Antón Olmos Koichi Hashimoto
Mio Tokiwa Lucía Cid Toshiko Fujita
Hohsui Kisaragi Xavier Perdiz Ichiro Nagai
Iwamatsu Ooki Alfonso Agra Takeshi Watabe
Hidehiko Kazama Monti Castiñeiras Juurota Kosugi
Gin Coté Sansegundo Yokitoshi Hori
Vodka Xosé Tanas Fumihiko Tachiki
Axente Takagi Manolo Pombal Wataru Takagi
Axente Chiba Antón Rubal Isshin Chiba
Akemi Miyano Helena Amoedo Sakiko Tamagawa
Axente Tomé Antón Rubal Toshihiko Nakajima

Música editar

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Always" ("Sempre"), interpretada por Mai Kuraki. Este tema é, ademais, o décimo segundo peche da serie, e está dobrado ao galego para o anime. Malia isto, na versión galega do filme, permanece o tema orixinal en xaponés.

Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2002.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar