L'Amour des trois oranges

(Redirección desde «O amor das tres laranxas»)

L'Amour des trois oranges (en francés) ou en ruso Любовь к трём апельсинам (transliterado Lyubov' k tryom apel'sinam, traducible ao galego como O amor das tres laranxas) é unha ópera satírica en catro actos e un prólogo con música e libreto en ruso de Sergei Prokofiev composta en 1919.[2] O seu libreto está baseado na obra teatral L'Amore delle tre melarance escrita por Carlo Gozzi en 1761, e baseada así mesmo no conto de fadas italiano homónimo escrito por Giambattista Basile. O libreto existe en dúas versións: unha en ruso (o orixinal) e unha en francés, traducido do ruso polo mesmo Prokofiev.

Любовь к трём апельсинам, Lyubov' k tryom apel'sinam (en ruso)
L'amour des trois oranges (en francés)
O amor das tres laranxas
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libretoRuso
LibretistaSergei Prokofiev e Vera Janacopoulos
Fontes literariasUnha fábula de Carlo Gozzi: Fiaba dell'amore delle tre melarance (1761)
Estrea30 de decembro de 1921
Teatro da estreaLyric Opera of Chicago
Lugar da estreaChicago
Duración1 horas 45 minutos
Música
CompositorSergei Prokofiev
Personaxes

Rei de Trévos (baixo)
O príncipe (tenor)
Princesa Clarissa (contralto)
Leandro (barítono)
Truffaldino (tenor)
Fata Morgana (soprano)[1]

Estrea editar

A ópera foi estreada pola Lyric Opera of Chicago o 30 de decembro de 1921 no Teatro Auditorium baixo a dirección do mesmo compositor[2] na versión francesa (titulada L'Amour des trois oranges) que realizara xunto con Vora Janacopulos. O éxito de público foi grande, mais a crítica reprochou a ausencia de melodía. A súa primeira produción en ruso en tivo lugar en Petrogrado (actual San Petersburgo) en 1926, e dende aquela entrou no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.

Unha suite sinfónica, que contiña algunhas das mellores partes da ópera, conseguiu así e todo conquistar rapidamente as salas de concertos de todo o mundo. Só un cuarto de século máis tarde, e co crecente prestixio do compositor, os teatros de ópera recoñeceron o valor desta obra extraordinaria. É a ópera máis representada de Prokofiev, e aínda o sería máis de non ser pola súa complexidade e o gran número de personaxes que interveñen.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Intérpretes o 30 de decembro de 1921
Director: Sergei Prokofiev
Rei de Trévos (Monarca dun reino imaxinario) baixo James Francis
O Príncipe (fillo do Rei de Tréboles) tenor José Mojica
Fata Morgana (unha bruxa) soprano Nina Koshetz
Truffaldino (bufón da Corte) tenor Octave Dua
Leandro (Primeiro Ministro) barítono William Beck
Princesa Clarissa (sobriña do Rei) contralto Irène Pavlovska
Pantalón (conselleiro do Rei) barítono Désiré Defrère
Chelio (un mago) baixo Hector Dufranne
Princesa Ninetta soprano Jeanne Dusseau
Princesa Linetta contralto Philine Falco
Princesa Nicoletta mezzosoprano Frances Paperte
Esmeraldina (doncela de Fata Morgana) soprano Jeanne Schneider
Cleonte (cociñeiro da Corte) baixo Constantin Nikolay
Farfanello (un demo) baixo James Wolf
Mestre de cerimonias tenor Lodovico Oliviero
Un Heraldo baixo Jerome Uhl
Bailaríns, comediantes, cortesáns, demos, criados, soldados etc.

Notas editar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). "Ópera rusa". Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 331. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. 2,0 2,1 "The Love for Three Oranges, Op 33". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar