O alquimista impaciente

filme de 2002 dirixido por Patricia Ferreira

O alquimista impaciente (en castelán: El alquimista impaciente) é un filme hispano-arxentino de 2002 dirixido por Patricia Ferreira Mañas. Está protagonizado por Ingrid Rubio, Roberto Enríquez, Chete Lera e Adriana Ozores. O filme adapta a novela homónima de Lorenzo Silva.

O alquimista impaciente
Ficha técnica
Título orixinalEl alquimista impaciente
DirectorPatricia Ferreira Mañas
ProdutorFrancisco Casal
Eduardo Campoy
Baseado enNovela de Lorenzo Silva
IntérpretesIngrid Rubio
Roberto Enríquez
Chete Lera
Adriana Ozores
MúsicaJavier Navarrete
José Nieto
FotografíaMarcelo Camorino
MontaxeCarmen Frías
EstudioCartel, S.A.
Continental Producciones, S.A.
Jempsa
Patagonik Film Group
SB Producciones
Televisión de Galicia (TVG)
Tornasol Films, S.A
Estrea2002
Duración110 minutos
OrixeEspaña España
Arxentina
XéneroSuspense
Recadación906.499,62 €[1]
Na rede
IMDB: tt0321175 Filmaffinity: 700122 Rottentomatoes: m/el_alquimista_impaciente Allmovie: v267590 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O sarxento Rubén Bevilacqua e a súa compañeira, a garda Virginia Chamorro, investigan a morte dun home nun motel de estrada. A vítima é un enxeñeiro dunha central nuclear, e a súa morte desata as especulacións tremendistas da prensa. Decátanse de que o enxeñeiro chegou ó motel acompañado dunha muller nova, moi alta e fermosa, da que non se atopa o menor rastro. O caso arquívase ata que tres meses máis tarde se descobre o cadáver dunha muller.

Intérpretes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Receptor Resultado
1ª edición Mellor filme Patricia Ferreira Mañas Nomeado
Mellor director Patricia Ferreira Mañas Nomeado

Notas editar

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O alquimista impaciente". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar