O Cerqueiro, Baldráns, Tui

lugar da parroquia de Baldráns no concello de Tui

O Cerqueiro é un lugar da parroquia de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres), a mesma cantidade ca no ano 2000.

O Cerqueiro
ParroquiaBaldráns
ConcelloTui
Coordenadas42°03′35″N 8°34′50″O / 42.059767746968, -8.5806150794359Coordenadas: 42°03′35″N 8°34′50″O / 42.059767746968, -8.5806150794359
Poboación86 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

Cerqueiro é topónimo derivado do latín CERQUARIU,[1] unha especie de carballo caducifolio, tamén coñecida como cerquiño.

Patrimonio editar

Neste barrio foron atopados de maneira casual varios bifaces de tipoloxía paleolítica (seixos de cuarcita tallados en ambas as caras). O barrio conta cun muíño, o muíño de Nogueira[2].

Economía e agricultura editar

O barrio está situado na Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, concretamente dentro da área do Condado do Tea. Na actualidade hai dúas adegas comerciais activas no barrio.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Baldráns editar

Lugares da parroquia de Baldráns no concello de Tui (Pontevedra)

A Carballiza | O Cerqueiro | O Facho | A Igrexa | A Malladoura | A Parceira | O Rapado | A Teixeira | As Veigas


Parroquias de Tui editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas editar

  1. Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 213. ISBN 84-95892-53-7. 
  2. Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar