OGAE (siglas de Organisation Génerale des Amateurs de l'Eurovision, Organización Xeral de Amantes de Eurovisión) é unha organización internacional fundada en 1984, en Savonlinna, Finlandia, por Jari-Pekka Koikkalainen.[1] Consiste nunha rede de 40 clubs de fans do Festival da Canción de Eurovisión dentro e fóra de Europa, non gobernamental, apolítica e sen ánimo de lucro.[2]

Organiza anualmente catro competicións sen ánimo de lucro para promocionar a música popular entre os fans de Eurovisión por todo o planeta.[3] Frecuentemente traballa en cooperación coa Unión Europea de Radiodifusión para axudala a promocionar o Festival de Eurovisión, e tamén estabeleceu unha relación estreita coas emisoras nacionais dos países participantes.[3]

O actual presidente da Rede OGAE Internacional é Maiken Mäemets, de OGAE Finlandia, que sucedeu no cargo en 2011 a Antonis Karatzikos, de OGAE Grecia. Na convención anual dos membros da OGAE o 17 de maio de 2013 en Malmö, Suecia, Mäemets foi reelixido para outros dous anos.[4]

Historia editar

Aínda que o Festival de Eurovisión comezou en 1956, a Rede Ogae Internacional fundouse en 1984, por parte de Jari-Pekka Koikkalainen, en Savonlinna, Finlandia.[1] A rede está aberta aos países que participan ou participaron no festival. Varios outros países dentro e fóra de Europa que non teñen a súa propia rede OGAE, entre outros Australia, Letonia, Casaquistán, Mónaco, San Mariño, Suráfrica e os Estados Unidos, participan baixo o nome OGAE Resto do Mundo.[5]

Cada ano, a OGAE organiza catro competicións sen ánimo de lucro: OGAE Song Contest, OGAE Second Chance Contest, OGAE Vídeo Contest e OGAE Home Composed Song Contest.[3] O exercicio cooperativo da Rede OGAE é promocionar a música popular nacional por todo o mundo en colaboración cos fans do Festival de Eurovisión, así como estabelecer unha relación estreita entre as emisoras nacionais e a promoción do propio festival a un maior número de xente.[3]

Ramas de OGAE editar

 
Europa:      Países participantes da OGAE      Resto do mundo da OGAE

OGAE ten na actualidade 40 membros, incluíndo dous en Alemaña. Son:

OGAE Resto do mundo editar

 
Resto do mundo:      Países participantes da OGAE      Resto do mundo da OGAE

Os países que non teñen unha rede OGAE propia por dereito, pero son membros activos ou asociados da UER, están unificados en OGAE Resto do mundo. Os países que constitúen esta rede OGAE son:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Bosnia-Hercegovina, a República Checa, Xeorxia, Hungría, Letonia, Marrocos, Mónaco, Montenegro, San Marino, Eslovaquia e Ucraína participaron no festival, pero non teñen aínda unha membresía completa de OGAE, polo que están tamén dentro de Resto do mundo.

Concursos OGAE editar

OGAE Eurovision Song Contest Poll editar

O Premio Fan Marcel Bezençon entregouse en 2002 e 2003, votado polos membros de OGAE. Despois desapareceu e foi substituído polo Composer Award en 2004.

Ano Gañador Canción Intérprete Posto Puntos
2002   Finlandia Addicted to You Laura Voutilainen 20.ª 24
2003   España Dime Beth 8.ª 81

Cada ano desde 2007, OGAE conduciu unha enquisa previa a Eurovisión na que cada club nacional xunto a OGAE Resto do mundo votan a todas as cancións, usando o mesmo sistema de votación que o festival (as máis votadas por cada club reciben de 1 a 8, 10 e 12 puntos, e os países non poden votarse a si mesmos). Os gañadores desta enquisa son:

Ano Gañador Canción Intérprete Posto Puntos Subcampión 3.er posto
2007   Serbia Molitva (Молитва) Marija Šerifović 268   Suíza   Belarús
2008   Suecia Hero Charlotte Perrelli 18.ª 47   Suíza   Serbia
2009   Noruega Fairytale Alexander Rybak 1.º 387   Francia   Suecia
2010   Dinamarca In a Moment Like This Chanée and N'evergreen 4.º 149   Israel   Alemaña
2011   Hungría What About My Dreams? Kati Wolf 22.ª 53   Francia   Reino Unido
2012   Suecia Euphoria Loreen 1.ª 372   Italia   Islandia
2013   Dinamarca Only Teardrops Emmelie de Forest 1.ª 281   San Marino   Noruega
2014   Suecia Undo Sanna Nielsen 3.ª 218   Hungría   Israel
2015   Italia Grande amore Il Volo 3.ª 292   Suecia   Estonia
2016   Francia J'ai cherché Amir Haddad 257   Rusia   Australia
2017   Italia Occidentali's Karma Francesco Gabbani 334   Bélxica   Suecia
Cores de fondo
gañou a final   segunda na final  
tercera na final non chegou á final

OGAE Song Contest editar

O OGAE Song Contest é un concurso en son no que todos os clubs nacionais OGAE poden participar cunha canción orixinal publicada nos 12 meses anteriores nos seus respectivos países, interpretada nun dos idiomas oficiais do país.[6][7]

Ano Ganador Canción Intérprete Puntos Organizador N.º de participantes
1986   Alemaña Stimmen in Wind Juliane Werding 16   Savonlinna 5
1987   Israel Ba'ati Eleiha Yardena Arazi 83   Savonlinna 10
1988   Alemaña Explosion Mary Roos 83   Cardiff 10
1989   Noruega Hjem Karoline Krüger e Anita Skorgan 93   Berlín 13
1990   Italia Vattene amore Mietta e Amedeo Minghi 136   Oslo 18
1991   Francia Désenchantée Mylène Farmer 151   Pisa 17
1992   Portugal Se o dia nascesse Nucha 115   París 16
1993   Italia La solitudine Laura Pausini 154   Montargis 20
1994   Grecia Ftes Sabrina 116   Pisa 19
1995   España Cada vez Paloma San Basilio 144   Atenas 21
1996   España Me quedaré solo Amistades Peligrosas 159   As Palmas de Gran Canaria 16
1997   España Amor perdido Marta Sánchez 199   As Palmas de Gran Canaria 22
1998   Polonia Im Wiecej Ciebie tym mniej Natalia Kukulska 125   As Palmas de Gran Canaria 16
1999   Francia Jardin de lumière Leyla Doriane 169   Atenas 24
2000   Suecia Svarta änkan Nanne 168   París 26
2001   Francia Moi... Lolita Alizée 189   Umeå 24
2002   Reino Unido What If Kate Winslet 126   París 25
2003   Francia Cassé Nolwenn Leroy 183   Southampton 27
2004   Rusia Grezy Varvara 178   Lión 27
2005   Italia Da grande Alexia 164   Moscova 28
2006   Grecia Mambo Elena Paparizou 244   Pisa 30
2007   España Qué no daría yo Rebeca 179   Atenas 29
2008   Croacia Ruža u kamenu Franka Batelić 164   Zaragoza 27
2009   Reino Unido Viva la Vida Coldplay 248   Zagreb 30
2010   Reino Unido Heartbreak (Make Me a Dancer) Freemasons feat. Sophie Ellis-Bextor 228   Londres 27
2011   Reino Unido Someone Like You Adele 189   Londres 26
2012   Italia Per sempre Nina Zilli 219   Londres 26
2013   España Te despertaré Pastora Soler 237   Bologna 30
2014   Francia Derniere Danse Indila 251   España 26
2015   Francia Andalouse Kendji Girac 248   Francia 31
2016   España Sofía Álvaro Soler 234   Francia 28
2017

OGAE Second Chance Contest editar

O OGAE Second Chance Contest (Concurso OGAE Segunda Oportunidade) é un evento visual fundado en 1987 e organizado polos membros de OGAE.[8] Na primeira edición de 1987 competiron catro nacións. Antigamente era un evento de só son, pero cos anos evolucionou co uso do vídeo e na actualidade DVD e Youtube.[9]

Cada verán, despois do Festival de Eurovisión, cada membro pode enviar unha canción que non logrou gañar no proceso nacional de selección do seu país para o festival. Os membros de cada país escollen entre as cancións que non gañaron para que lles represente no evento. Os votos envíanos os membros OGAE á organización de cada ano. Os votos comunícanos portavoces especiais desde 1993.[10]

OGAE Vídeo Contest editar

O OGAE Vídeo Contest é un evento en vídeo no que, de forma similar ao OGAE Song Contest, todos os membros nacionais de OGAE poden participar cunha canción orixinal publicada nos 12 meses anteriores nos seus países. Non hai obrigación de que estea interpretada nun idioma do propio país.

Participación editar

45 países foron representados no festival polo menos unha vez. Esta é unha lista dos anos nos que debutaron:

Ano País que debuta
2003   Albania,   Armenia,   Bosnia e Hercegovina,   Finlandia,   Francia,   Alemaña,   Grecia,   Islandia,   Israel,   Italia,   Macedonia do Norte,
  Malta,   Países Baixos,   Noruega,   Portugal,   Rusia,   Eslovenia,   España,   Turquía,   Reino Unido
2004   Bulgaria,   Croacia,   Luxemburgo,   Serbia e Montenegro
2005   Irlanda,   Casaquistán (como o resto do mundo),   Polonia,   Ucraína
2006   Moldavia,   Serbia,   Suráfrica (como o resto do mundo)
2007   Andorra,   Austria,   Estonia,   Letonia,   Namibia (como o resto do mundo)
2010   Australia (como o resto do mundo)
2012   Bélxica,   Estados Unidos (como o resto do mundo)
2013   Belarús
2014   Acerbaixán,   Montenegro,   Eslovaquia
2016   Hungría,   Australia,   Romanía,   Suecia,   Suíza,   República Checa,   Chipre

Gañadores editar

Seis países gañaron o concurso desde que comezou en 2003. Os países con máis éxito no festival foron Rusia e Francia, que gañaron o mesmo tres veces cada un.

Ano País Vídeo Intérprete Puntos Cidade anfitrioa
2003   Francia "Fan" Pascal Obispo 122   Istanbul
2004   Portugal "Cavaleiro Monge" Mariza 133   Fontainebleau
2005   Ucraína "I Will Forget You" Svetlana Loboda 171   Lisboa
2006   Italia "Contromano" Nek 106   Izmir
2007   Rusia "LML" Via Gra 198   Florencia
2008   Rusia "Potselui" Via Gra 140   Moscova
2009   Rusia "Karma" Yin-Yang 142   San Petersburgo
2010   Polonia "Kim tu jestem" Justyna Steczkowska 85   Volgogrado
2011   Francia "Lonely Lisa" Mylène Farmer 96   Wrocław
2012   Italia "È l'amore che conta" Giorgia 135   París
2013   Bélxica "Papaoutai" Stromae 144   Turín
2014   Francia "Tourner dans le vide" Indila 141   Bruxelas
2015   Alemaña "Gäa" Oonagh 122   París
2016   Reino Unido "Hymn For The Weekend" Coldplay 673   Lüneburg

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Eurovision Fanclub Network". OGAE. 
  2. "Club History". OGAE Finland. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2012. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Company Overview". OGAE International Network. 
  4. "OGAE International Board members elected". ESCToday. 
  5. "About OGAE Rest of the World". OGAE RoW. 
  6. "OGAE Song Contest Results: 1986 - 2011". Sechuk,com. 
  7. "OGAE Song Contest Results: 2012". OGAE Croatia. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  8. "About us". OGAE. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  9. "Contest Background". sechuk.com. 
  10. "Statistics and other Useless Information". sechuk.com. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar