Nymphaea

xénero de plantas

O xénero Nymphaea L., 1753, as ninfeas ou tapadeiras[2], comprende entre 7 e 17 especies (segundo os autores)[1][3] de herbas perennes acuáticas, e pertence á familia das Nymphaeaceae. A súa especie tipo é a tapadeira (Nymphaea alba L., 1753), común nos encoros e augas quedas de toda Galiza.

Etimoloxía editar

O seu nome provén do latín nympha e este do grego nymphe, ninfa, indicando a súa predilección polas augas, coma neses seres mitolóxicos. O nome galego de tapadeira fai referencia ao xeito de cubrir ou tapar a tona da auga coas súas follas.

Descrición editar

 
Flor de Nymphaea thermarum

Coas caracteres xerais da familia Nymphaeaceae.

  • Herbas perennes, acuáticas, con rizomas simples ou ramificados, horizontais ou erectos.
  • Follas usualmente boiantes, raramente emerxidas, saxitadas a orbiculares, de bordo enteiro, sinuado ou dentado, con nerviación fundamentalmente palmada, usualmente no envés máis ou menos avermellado a purpúreo; as mergulladas, membranosas.
  • Flores solitarias, brancas, amarelas, rosas, vermellas ou azuis, flotantes ou emerxidas; sépalos (3-)4(-5), libres; pétalos (6-)8-40(-50), períxinos; estames numerosos (varios centos), amarelos ou crema, os externos petaloides, os internos filantéreos, períxinos, erectos, tecas de dehiscencia lonxitudinal introrsa, ás veces con apéndice apical do conectivo; carpelos (5-)8-35, basalmente sincárpicos, apicalmente sincárpicos a apocárpicos, estigmas en copa estigmática con apéndices carpelares (cando están presentes) arredor, incurvos.
  • Froito globoso a elipsoide, de dehiscencia irregular, en pedúnculos curvos ou espirais.
  • Sementes numerosas, ovoides, globosas ou elipsoides, con arilo, envoltas en mucilaxe.
  • Pole zonasulculado, de anazonasulculado a zonizonasulculado.
  • Número cromosómico: 2n = 28-224; x = 14.

Ecoloxía editar

Medran en lagos, lagoas e envoros, ou regueiros de corrente lenta. A antese pode ser nocturna ou diúrna, no primeiro caso a polinización efectúana escaravellos (cantaridofilia) e no segundo, abellas.

Distribución editar

 
Nymphaea pubescens

O xénero é de distribución cosmopolita.

Usos editar

As especies deste xénero teñen unha grande importancia en xardinaxe para ornamento das tonas de auga e mais na acuariofilia. Existen numerosos cultivares das especies máis utilizadas. Nalgunhas especies, as flores botan un recendo penetrante e teñen sido usadas como narcótico psicodisléptico en prácticas adivinatorias e extáticas. Nalgúns lugares, úsanse na alimentación humana as sementes e os tubérculos.

Sinonimias editar

  • Nimphaea Neck., 1768 (erro).
  • Nimphea Nocca, 1793 (erro).
  • Castalia Salisb., 1805.
  • Nymphea Raf., 1808 (erro).
  • Leuconymphaea Kuntze, 1891.

Especies editar

 
Flor de Nymphaea colorata

El ITIS recoñece 17 especies dentro do xénero:[4]

Híbridos editar

Coñécense numerosos híbridos artificiais e cultivares de xardinaxe.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Porcher Michel H. et al. 1995 - 2020, Sorting Nymphaea Names. Multilingual Multiscript Plant Name Database - A Work in Progress. Institute of Land & Food Resources. The University of Melbourne. Australia. < http://www.plantnames.unimelb.edu.au/Sorting/Nymphaea.html > (2005).
  2. https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm?#10619368
  3. 3,0 3,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Nymphaea (TSN 18383)" (en inglés). 
  4. Xénero de coñecida dificultade taxonómica, polo que os diferentes autores que o teñen tratado non se poñen de acordo. O tratamento que se lle dá aquí é ecléctico, porén non se consideran as especies de ampla extensión (e difícil caracterización) con numerosas subespecies, como propuxeran certos autores, como Verdcourt (1989), ao non ser admitido isto por outros autores máis recentes. Algúns táxones non foron aínda correctamente interpretados e a súa identidade é dubidosa, como é o caso dos seguintes: N. ampla var. salzmanni Planch., 1853; N. bella Lehm., 1853; N. tropaeolifolia Lehm., 1853; N. sumatrana Miq., 1861; N. alborosea Teijsm. ex Regel, 1866; N. fragrantissima Welw. ex Casp., 1873, nom. inval.; Leuconymphaea intermedia Kuntze, 1891.
  • Schneider, E.L. & Williamson, P.S. 1993. Nymphaeaceae. En: Kubitzki, K., Rohwer, J.G. & Bittrich, V. (Editores). The Families and Genera of Vascular Plants. II. Flowering Plants - Dicotyledons. Springer-Verlag.
  • Verdcourt, B. 1989. Nymphaeaceae. En: Polhill, R.M. (Ed.). Flora of Tropical East Africa. 12 pp.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar